GMH/ÍNDICE A-Z

129
1317, outubro, 4
venda

Frei Lourenzo, gardián do mosteiro de San Francisco, e outros, cumpridores do testamento do cóengo Xoán Piñeira, cumpridor pola súa vez do cóengo Fernán Pérez Carraxo, véndenlle ao cabido a renda de catro moios e un puzal de viño dunhas herdades de Ceín, por 1200 mrs. portugueses.



ACOu, Escrituras XIV, 123

(...) deus amen. Sabeam quantos esta carta virem que nos frey Lourenço guardiam e frey Pedro de Canba (...) de San Françisco d’Ourense, frayres d’Ourense reytores e conpridores do testamento de Johan Piñeyra coengo (...) reytor e conpridor do testamento de Fernan Perez Carrajo coengo que fuy desse lugar e con outorgamento (...) Fernandez coengo (...) que é outrossy reytor e conpridor do testamento do dito Johan Piñeyra, vendemos (...) esta carta entregamos ao cabidoo d’Ourense quatro moyos e hun puçal de viño por quarta de tres almudes. Et ajam (...) para senpre en salvo aa bica do lagar por todo o herdamento que o dito Fernan Perez avia en Çeym assy commo le dei (...) con a casa e con o herdamento de Çeym que fuy de Ioham Eanes da Corredoyra porlo rigueyro que vay ferir (...) herdamento de Fernan Perez e enna carreyra que vay dos lagares de Çeym para Seyxalvo e da outra parte (...) departe con o herdamento que fuy de Johan Paez de Monteooscos e ven ferir a esta carreyra sobredita e encima departesse con o herdamento. Et o herdamento por que o cabidoo ha de aver o dito viño (...) aforado Pero Eanes dito Çeym morador en Seyxalvo e sua moller Dominga Perez para sy e para toda sua (voz para) senpre, e non han a estremar conposta en esse herdamento u deren este viño ao cabidoo e aquelo que marmar (... quatro) moyos e hun puçal sobreditos que Pero Eanes e sua moller Dominga Perez sobreditos e toda sua voz que (...) ao cabidoo enno lagar doutro viño tan boon como o deste herdamento de Çeym en que se non (...) conposta. Vendemos o dito viño ao dito cabidoo que o aja cada anno para senpre por lo dito herdamento assy (como) sobredito é e que faça del livremente toda sua voontade, ca outorgamos que reçebemos do dito cabidoo todo o preço que a nos e a el aprouvo, conven a saber mill e duzentos mor. da moeda portuguesa de que contan xvi par de diñeiros novos por tres mor. e que os avemos ja en nosso iur e en nosso poder ben e conpridamente en diñeiros contados. Et outorgamos a defender o dito cabidoo para senpre con o dito viño a dereyto, e para o defender obligamos a elo todolos beens que foron dos ditos Fernan Perez e Johan Piñeyra. Et quen quer que contra esta vendiçon veer aja a ira de deus e peyte ao cabidoo doblado quanto lle demandar e aa voz del rey peyte por pena mill mor. da boa moeda e esta carta fique senpre firme. Feyta a carta enno monesteyro de San Françisco d’Ourense, quatro dias do mes de oytubro, era de mill e ccc e l e çinqo annos. Tests. Pero Martinez clerigo do coro d’Ourense, Johan Eanes clerigo de don Iohan Rodriguez meestrescola d’Ourense, Martin Perez dito Rella morador en Ourense, Lourenço Martinez home do meestrescola, frey Gonçalvo frade da orden de San Françisco, Johan Galego, Garçia Perez freyres da obra do monesteyro de San Françisco d’Ourense.

Et eu Miguel Perez publico notario da çidade d’Ourense por nosso señor o bispo e pola egleia desse lugar que a esto fuy presente e o escrivy e meu sinal y pu(ge en) testemuyo de verdade.

(sinal)