GMH/ÍNDICE A-Z

767
1377, maio, 18. Lugo
Acta notarial na que o prior de San Martiño da Cova acepta a avinza no preito mantido co Cabido.
MADRID, AHN, Cód. 420 B, fols. 19v-20r.

Era de mill et CCCCos et quinse annos, XVIIIº dias de mayo.

En Lugo en presença de min Gonçalvo Peres, notario publico de Lugo por lo obispo dese lugar, et das testemoyas subscriptas, o dito don Iohan Afonso, dayan, et don Gonçalvo Eanes, chantre, et don Roy Gonçalves, mestrescola de Lugo, mostraron et feseron leer este contrauto de suso escripto a o dito Iohan Gonçalves, prior do dito moesteyro de San Martino da Cova, et feseronlle pregunta se o outorgava et avia por firme, segundo en ela he contiudo, et el diso que verdade era o que se continna enno dito contrauto, et el que asy o mandara faser por lo dito Iohan Moreyra, notario, et que o outorgava et avia pro firme commo et enna maneyra que en el he contiudo, et que prometia por sy et por seus subçesores de o teer et non yr contra el en nihun tempo, et desto o dito dayan pidio testemoyo.

Testemoyas: Estevan Rodrigues, abbade de Santestevan; et Conçalgo Peres, clerigo de Felgosa; et Rodrigo Affonso de Corveyia; et Alvar Nunes, clerigo de Santa Crus de Revordaos; et Suer Arias de Castro.

Et eu Gonçalvo Peres, notario sobredito, a esto foy pressente et fis scripvir esto en testemoyo en minna presença et aqui puge meu signal.