GMH/ÍNDICE A-Z

149

1420, agosto, 3.
O Concello ordena que se prestasen a Juan Sánchez de Alcalá 500 pares de brancas a fin de setembro.

Sabado tres dias do mes de agosto seendo juntados en consistorio Juan Fernandes Abril alcallde e Martin Galos e Martin Serpe, Fernan Gonçales do Preguntoiro Juan Ares da Cana, Afonso Fernandes Abril, regidores jurados enna dita çidade enno sobrado da notaria de Rui Martines, notario da dita çidade, en presença de min Fernan Yanes, notario etc. e escusador etc. e das testemoyas etc.; enton os sobreditos mandaron a Juan Raposo e Nuno Vinagre, procuradores do dito conçello que de quaesquer maravedis que por lo dito conçello recabdavan ou a abian de recabdar que emprestasen a Juan Sanches d’Alcala quinentos pares de branquas e que llos enprestasen por ante notario e testimoyas e reçebesen del obigaçon que os pagase aos ditos procuradores en nome do dito conçello ata en fin do mes de setenbre. Testemoyas: Alvaro Peres da Cana e  Pero Yanes Abraldes e Afonso da Cana, servente do dito conçello.