GMH/ÍNDICE A-Z

42
1302, febreiro, 25
venda

Mariña Domínguez véndelle a Pedro Domínguez unha leira en San Salvador de Solbeira, con foro de cuarta, dous capóns e un almude de viño ao cabido, por 500 soldos.



ACOu, Escrituras XVII, 37


Connoçuda cousa seia a todos que eu Marina Dominguez morador en Figueyredo, presente e outorgante meu marido Pere Anes de Casdanca, vendo a vos Pero Dominguez fillo de Domingo Eanes e a vossa muller Maria Anes moradores en esse lugar e a toda vossa vos por senpre aquela mya leyra que eu ey su signo de San Salvador de Sorveyra, no lugar que chaman Vilanova, e ias entre a vyña de Affonso Eanes da huna parte e a vyña de Johan Perez prelado de Sorveyra da outra e ençima entesta no lagar e en fondo fere no nosso terreo que e de grameydade. A qual leyra me ficou dos beens de meu padre Domingo Eanes e é de foro de quarta ao cabidoo d’Ourense, e con quinon de dous capoens e de un almude de vyño, quanto perteeçe de dereyto aa dita leyra, pola festa de San Martiño e livre de todo outro enbargo. Vendo vos a dita leyra a monte e a fonte con todas suas perteenças ben e conpridamente, assi commo a eu ey e de dereyto devo a aver, assi que vos e toda vossa vos aiades ela des aqui endeante en jur derdade por senpre \#/ ca me outorgo por ben pagada de todo o preço que a min e a vos aprouvo, conven a saber quinentos soldos desta moeda del rey don Fernando que agora corre de que contan iiiiº diñeiros novees por iii soldos, todo jur, propiedade, possisson e todo dereyto que eu ey na dita leyra, todo o de min tollo e poñoo en vos e en toda vossa vos des aqui endeante por esta presente carta. Et outorgo a deffender vos e toda vossa voz con a dita leyra a dereyto senpre por min e por todolos meus beens gaañados e por gaañar. Et quen quer que contra esta myna venda quiser passar aia a yra e a maldiçon de deos poderoso e a myna, e quanto demandar peyteo a vos ou a vossa vos doblado e a vos del rey pague de pena çen morabedis da boa moeda et a carta fique senpre en seu revor. Reynante en Leon e en Castella rey don Fernando. Bispo en Ourense don Pero Eanes. Endeantado mayor del rey en Galliza infante don Filipe. Teente terra de Limya don Fernan Fernandez. Feyta a carta en Ourense, xxv dias de fevereyro, era de mill e ccc xlª anos. Tests. Domingo Martinez escudeyro do bispo, Fernan Perez, Johan Perez, Affonso Eanes moradores en Sobrado.

Et eu Affonso Rodriguez publico notario d’Ourense que presente fuy e en myna presença a fiz escrivir e meu sinal y puge en testemunyo de verdade.

# e façades dela toda vossa voontade livremente.

(sinal)

[reverso] Carta de Sorveira.