GMH/ÍNDICE A-Z

643
1362, maio, 5. Grallal
Acta notarial na que se recolle o apercibimento do bispo e do Cabido de Lugo ás persoas que ocupan as herdades de Insua de San Martiño, na freguesía de San Miguel de Sor, para que as desaloxen ou recoñezan o señorío da devandita igrexa.
MADRID, AHN, Carp. 1332 F/5, perg. orix., galego, gótica cursiva, 349x365 mm.

En Grallal çinquo dias do mes de mayo, era de mill et quatroçentos annos, por ante o onrrado padre et sennor don Affonso por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Mendonedo, et en presença de min Fernando Affonso, notario publico iurado dado do bispo enna çibdade de Villamayor et en todo obispado de Mendonedo, et das testemoyas adeante escriptas, aparessçeu Iohan Eanes de Burella, en nome et en vos do onrrado padre et sennor don frey Pedro Lopes, obispo de Lugo, et dean et cabidoo de sua iglesia, cuio procurador disso que era por carta de procuraçon que el tiina, et disso a o dito sennor obispo que el fesera çitar por ante el por sua carta a Fernando Affonso de Valle, morador en Galdo, et a Lopo Affonso, seu sobrinno, fillo de Lopo Affonso de Valle que foy, et Pedro Rodrigues et Fernando Pollo, et Iacome Peres, et Martin Pellaes, et Fernan Fernandes, et Domingo Bonome, moradores en Santa Marina, fiiglesses de San Miguell de Sor; et Affonso Martines, morador en Galdo, et a todos los outros omes et mulleres que ussavan et lavravan as herdades et vinnas da Inssoa de San Martino, fiiglesia de San Miguell de Sor, que eran da iglesia de Lugo et da albergaria dy. Et que les dysia et frontava a estes sobreditos que lle leyxassen et dessenbargassen as ditas herdades et vinnas que lavravan enna dita Ynssoa, et se o assy non quisesen faser que el protestava en nome do dito sennor obispo et cabidoo de Lug para os demandar por ally por hu entendesse mays compridamente aver seu dereito.

Et o dito sennor obispo dissolles et frontou que se sabian que eran do dito sennor obispo et de sua iglesia, et da albergaria dy, que lles la leyxasen et dessenbargassen sen outra contenda et iuyso, et se o assy faser non quisesen que el que conssintiria a o dito Iohan Enaes que os demandasse por hu quisese et entendesse aaver seu dereito. Et o dito Fernando Affonso, et Lopo Affonso, et Pedro Rodrigues, et Fernando Pollo, et Iacome Peres, et Martin Pellaes, Fernan Fernandes et Domingo Bonome, et Affonso Martines, moradores ennos ditos lugares, et cada hun delles, disseron que elles por nome de sy et de suas voses que lla dessenbargavan a o dito Iohan Eanes por nome delles, et que se partian della des aqui adeante, et de dereito algun se lles y perteesçia por alguna rason, et que outorgavan que nunca en algun tempo sobrela nen sobre parte della, elles nen cada hun delles, nen suas voses fesesen torva nen enbargo a o dito sennor obispo nen a sua iglesia, nen a dita albergaria, nen a cada huuns delles, de todo aquello que elles nen cada huun delles tevese. Et o dito Iohan Eanes disso que pois elles conosçian et confessavan a verdade et dessenbargavan a dita Ynssoa a o dito sennor obispo et a sua iglesia, et a dita albergaria, que por nome delles, cuio procurador era, que assi a reçebia. Et desto en commo pasou pediu a min notario un publico estromento. Testemoyas: don Gonçalvo Peres, arçidiago de Montenegro; Iohan Cao de Cordido, cavalleiro; Pedro Lopes de Manente; Iohan Eanes de Grallal; Iohan Lopes de Burella, clerigo de San Pedro de Viveiro; Iacome Affonso, algasil; Domingo Lougon de San Çibrao; Rodrigo Eanes de Lugo, et outros.

Et eu Fernando Affonso, notario sobredito, a aquesto todo sobredito con as ditas testemoyas presente fuy, et a pedimento do dito Iohan Eanes esta carta en minna presença fige escrivir por quanto eu estava enbargado d’outros negoçios, et aqui puge meu nome et meu signal tal en testemoyo de verdade.

Que fuy feyta enno sobredito lugar, anno et mes et dia sobreditos. (+). Fernando Afonso notario.