GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1132
1459, xuño, 1. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles ó clérigo do coro Pedro de San Lourenzo, á súa irmá e a unha voz unha cortiña próxima á Porta Miñá por renda anual de 20 marabedís curtos.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 17 v.
   

Sabam quantos esta carta de foro viren como nos as personas, canonigos et benefiçiados do cabildo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabildo açerca das portas por donde soben a os orgoos dentro en a dita iglesia por campaa tangida, segundo que avemos de uso et de custume, damos aforo et averbo a vos Pedro de San Lourenço, clerigo do coro da dita iglesia, et Eynes Rodrigues, vosa yrmaa, et a outra persona qual o postromeyro de vos nomear a ponto de seu finamento, ou quen erdar vosos beens de dereyto, huna cortina, que he da obra da dita iglesia, que jas abayxo da Porta Minaa de yllarga de huna orta de Fernan de San Jullaao, clerigo do dito coro, et da outra yllarga junta con outra orta que he de Fernan das Camoyras, et fere de huna testa en huna cortina de Alvaro Lopes de Viveyro et de outra en huna cortina do senor Obispo de Lugo, a tal pleito et condiçion que a labredes et dedes dela en foro viinte maravedis curtos vos et as ditas personas a o rendeiro que for da dita obra, en cada hun ano, por dia de San Martino de nobenbre, et que os paguedes en a moeda que pagaren os outros foros da dita iglesia. Et mays que cada huna das ditas personas que en ela suçederen seia obligadas de se presentar ante o dito cabildo fasta trinta dias logo seguentes et a lle mostrar en como en ela suçederen; et a finamento da postremeyra persona, que asy en ela suçeder, seia obligada de a leyxar a a dita obra, cuia he, con todos los boos paramentos que en ela foren feytos.

Et eu, o dito Pedro de Sant Lourenço, que presente estou asy reçebo de vos o dito foro para min et para a dita myna yrmaa et persoa por las condiçoes sobreditas, et obligo a my et a a dita mina yrmaa et persoa et todos seus beens a conprirmos, pagarmos et atendermos todo o sobredito segundo dito he.

Et nos, os ditos benefiçiados, asy vos lo outorgamos et mandamos a o notario iuso escripto que fezese desto duas cartas de foro anbas en hun tenor signadas de seu signo, et por mayor firmeza mandamos seelar a vosa de vos, o dito Pedro de San Lourenço, con ho seelo do dito cabildo.

Que foy feyta et outorgada dentro en o dito cabido da dita iglesia, a primeyro dia do mes de juyo, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et çinquoenta et nove anos.

Testemoyas que foron presentes: Afonso Martines de Galdo, chantre; Gonçalvo Peres de Carvallido, arçediano de Sarrea; Gomes de Goyoso, arçediano de Deçon; Roy Lopes, liçençiado en decretos, juys; Gonçalvo Rodrigues de Parga, thesoreyro; Rodrigo Afonso da Regueyra; Gomes Vasques, Diego Vasques, Lopo Garçia, Pedro Meendes, et Pedro de Mera, canonigos, capitulantes, et outros.

Et eu Rodrigo Afonso das Camoyras, canonigo de Lugo, notario publico por la auctoridade apostolical, a todo esto que sobredito he en un con as ditas testemoyas presente foy, et por rogo et mandado das ditas partes este instrumento de foro por outro fis escribir, segundo que por ante mi pasou, seendo ocupado de outros negoçios, et por ende fis aqui este meu signo et nome acustumados. Rogado et requerido.