GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

87
1309, agosto, 25
O bispo e o Cabido de Lugo dóanlles a dona María Rodríguez e ao seu marido o casal de Ferreiros e un terzo da igrexa de San Salvador de Vilar de Sarria, e reciben a cambio as oitavas dos coutos de San Martiño de Perlinos, San Pedro de Arxemil e San Miguel de Pedrafita.

MADRID, AHN, Carp. 1332 B/8, carta part. por a.b.c., perg. orix., galego, gótica cursiva, 150x230 mm.

LUGO, AC, Tumbillo Nuevo, fols. 96v e 97r.

CAÑIZARES, pp. 934-935.

Eno nome de Deus amen. Era de mill et CCC et Xª LVIIe annos, XXVe dias d'agosto. Sabeam quantos esta carta virem commo nos don frey Iohan, por la gracia de Deus bispo de Lugo, por nosso nome et de nossos suçessores, con outorgamento do cabidoo desse miismo lugar da una parte, et eu donna Maria Rodriguez, filla de don Rodrigo Affonso de Bolanno et de donna Tareyia Rodriguez de Perrelinnos que foron, con outorgamento de meu marido Affonso Peres de Froyam, que he presente, da outra parte, fasemos tal emplazamento entre nos, conven a saber que nos o bispo sobredito damos a vos donna Maria Rodrigues sobredita et a o dito Affonso Peres, vosso marido, por en vossos dias d'ambos, o terço que nos avemos na eglesia de San Salvador de Vilar de Sarria, conven a saber que he a terça da graa, dos disimos et da seara dessa eglesia, asi commo se sempre usou de levar ata aqui. Et outrosi vos damos por en dias de vos ambos o nosso casal de Ferreyros con suas pertenenças et dereyturas, a monte per hu quer que vaam assi commoo nos ora tragemos, o qual he su signo de San Yohane de Raayros, que tennades en nosso nome estas cousas sobreditas, et os fruytos delas segundo dito he, et a vossa morte que fiquen livres et quitas a nos et a nossos sucessores con todos los boos paramentos que y foren feytos. Et eu donna Maria Rodriguez sobredita con outorgamento do dito Affonso Peres, meu marido, por esto que nos vos o bispo sobredito enplasades dou et outorgo a vos et a vossos suçessores a oytava de todo o couto de San Martino de Perrelinnos et do padroadigo de toda essa eglesia, et a oytava de todo o couto de sam Pedro d'Argimir, et do padroadigo de toda essa eglesia et a oytava de todo o couto de San Miguel de Pedrafita, et do padroadigo de toda essa eglesia; et outrosi vos dou o meu casal de Villar de Caes pobrado assi commo ora esta, que he su signos de Santa Maria de Moreyra et de San Salvador de Souto Meyrille. Todas estas cousas vos dou et outorgo con todas suas pertenenças et dereyturas, a monte et a fonte, per hu quer que vaam et con todos los serviços et rendas que eu ey et aver devo nos coutos et nas eglesias sobreditas delas por iur de herdamento para sempre iamays. Et logo vos meto no iur et na possissom et na propriedade de todas estas cousas sobreditas et de cada una delas, que des oge mays façades delas et en elas toda vossa voontade commo de vossas cousas proprias, et tiro min et toda myna voz de todo o poder et sennorio que en elas ey et aver devo. Et nos Affonso Perez et donna Maria Rodriguez sobreditos obligamos nos et todos nossos bees moviles et rays de \vos/ fasermos todas estas cousas de paz, de leyxarmos a nossa morte a vos o bispo sobredito et a vossos suçessores, o terço da eglesia de sam Salvador sobredito, et o casal de Ferreyros sobredito que nos vos emprazades, et con o outro casal dy de Ferreyros que ia de vos teemos, livres, quitos et ben parados et pobrados os ditos casares et con todas las outras boas paranças que y fezermos. Et nos as partes sobreditas este enplasamento segundo que se de suso conten outorgamos et avemos por firme et renunçamos todo dereito et

lee et foro et exçepçon de nunca contra elo viirmos por nos nen por outrem en juyzo nen fora del, et aquel que o quissesse faser que lle non vala, nen seia oydo sobre elo.

Et que esto seia çerto et non venna en dulta nos o bispo et cabidoo et Affonso Peres et donna Maria Rodriguez sobreditos rogamos a Françisco Lopes, notario publico de Lugo, que fezesse ende dous publicos estrumentos partidos por A.B.C. et desse a cada un de nos o seu.

Et por mayor firmidume nos o bispo et cabidoo et Affonso Peres sobreditos fesemos seelar estes estromentos de nossos seelos colgados.

Os que presentes foron: don Pay Rodriguez, arçidiago de Deça; don Martin Eanes et don Fernando Eanes et Maestre Affonso, arçidiagos de Lugo , et os outros do cabidoo; frey Iohanne, prior de Santa Maria Magdalena de Sarria; Pedro Vidal, clerigo de San Martino de Requeyxo; Pedro Dominguez de Villaraayo, clerigo; Aras Fernandez, mercador et visino de Lugo; Affonso Martinez et Iohan Pineyra et Domingo Peres et

Affonso Peres dito Regueyro, visinos de Sarria, testemoyas, et outros.

Et eu Françisco Lopes, notario sobredito, a esto todo presente fuy et a rogo do bispo et cabidoo et Affonso Peres et donna Maria Rodriguez sobreditos deste enprazamento sobredito dous estromentos partidos por A.B.C. escrivi por myna mao et en cada un deles puge meu nome et meu signal acostumado en testemoyo de verdade.

SIGNO