GMH/ÍNDICE A-Z

D231
1459, xuño, 8
O bacharel e cóengo Afonso González outorga poder ao seu criado Pascual de San Tomé para presentar a súa demanda contra Xoán Afonso de Tenoiro. (fol. 65v)
Enna çibdade d’Ourense, oyto dias do mes de junyo do dito anno, Afonso Gonçalves bachiller, canonigo e vigario, deu seu poder conprido a seu criado Pascoal de San Thome para que por el e en seu nomme posa paresçer ante os alcalldes da çibdade d’Ourense e presentar ante eles duas obligaçoens contra Joan Afonso de Tenoyro e pedir exsecuçon dela en corpo e beens con as pennas e custas e prinçipal, e vender e rematarlos e resçeber e recabdar e dar carta e cartas de pago e fazer todos e quaes quer abtos etç. obligou seus beens etç. poder jeeral etç. Tests. que foron presentes Ares Fernandes de Monterroso e Ares de Prado e Juan de Santhosebeo e outros.