GMH/ÍNDICE A-Z

471
1434novembro, 11
Pedro Carneiro, cóengo, en nome do bispo, e Gonzalo Pérez do Resaio toman homes bos para determinaren o preito que manteñen sobre unha herdade sita en Barbadás. (fol. 139v)

       

Pero Carneiro coengo e Gonçalvo Peres do Resayo.

Et onse dias do mes de novenbro, Pero Carneiro coengo, en nome do bispo d’Ourense, e Gonçalvo Peres do Resayo pos[er]on e outorgaron conpromiso por ommees boons sobre rason da erdade que esta en Barbadaas, no Rodeiro, que he do bispo, en ommees boon por Pero Carneiro, Afonso Anriques e Gonçalvo Peres, Alvaro Afonso da Fontey[na], para que o libren en todo este mes etç. e que esten en todo o que mandaren. Penna quinentos mrs. etç. Tests. Goterre Afonso, Gomes de Canba, Joan do Bouteiro. (fol. 139v)