GMH/ÍNDICE A-Z

32
1448, noviembre, 12. — Pontevedra

Don Álvaro de Isorna, arzobispo de Santiago, confirma a Vasco López de Vlloa, hijo de Lope Sánchez de Vlloa, la concesión que le había hecho el arzobispo don Lope de Mendoza, de la fortaleza de Benquerencia, y las feligresías de Santa María de Tomonde, San Ciprián de Chapa, Santa María de Graña, San Martín de Prado, San Martín de Fiestras, San Martín de Palacios, Santa María de Abades, San Salvador d’Escadro, San Mamed de Seydas, San Salvador de Cervaña, San Mamed de Moalde, San Martín de Vilar, Santa María de Gestoso, San Payo de Refojos, San Miguel da Ponte y Santiago de Taboada.

B. — Santiago. A.H.D. Leg. 45, fol. 108. Pergamino 38 x 28,5 cm.
Copia hecha por el notario de Santiago, Álvaro de Castaneda al 11 de julio de 1461.
Fue presentado en la Audiencia de Valladolid el 29 de marzo de 1527, en el pleito con el conde de Altamira.

Don Alvaro de Ysoma, por la graçia de Deus et da Santa Igllesia de Roma, arçobispo da Santa Igllesia de Santiago, capelan mayor de noso señor el rey et seu notario mayor do Reyno de Leon et do seu Consello, por quanto ante nos foy presentado, et vimos, hũu titolo que o señor arçobispo don Lopo, noso anteçesor, que Deus aja, feso a Vaasco Lopes de Vlloa, fillo legitimo de Lopo Sanches de Vlloa, da nosa casa e fortaleza de Benquerença et das nosas filigresias de Santa Maria de Toomonde, San Cibrãao de Chapa, Santa Maria da Graña, San Martino de Prado, San Martino de Fiestras, San Martino de Palaços, Santa Maria de Abades, San Salvador d'Escadro, San Mamede de Seydas, San Salvador de Cerbana saso, San Mamede de Moalde, San Martino de Vilar, Santa Maria de Giestoso, San Payo de Refojos, San Migel de Ponte et Santiago de Toboada, que son nosas et da dita nosa Igllesia. Por ende, nos, por fazer ben et merçede ao dito Vaasco Lopes, por la presente aprovamos et reteficamos o dito titolo et merçede a el feito, do sobredito e se neçesario he, en quanto podemos et devemos con dereyto o aprovamos et reteficamos et lle fasemos et damos en titolo a dita casa de Benquerença, et filigesias susoditas, para que as tenna de nos et da dita nosa Igllesia, en quanto for fiel e obediente vasalo a nos et aa dita nosa Igllesia et a nosos suçesores, et en quanto nosa merçed que primeramente delo lle foy feyto, segund dito he et mais he nossa merçed et voontade; et mandamos que, ocurrente caso que o dito Vaasco Lopes falesça da presente vida, ante que o dito Lopo Sanches, seu padre, que por la semellante maneyra de agora, fazemos de todo elo titolo et merçed ao dito Lopo Sanches, seu padre, para que o tena en merçede et titolo de nos et da dita nosa Igllesia, por la via e maneyra susodita, segund que o agora ten o dito Vaasco Lopes, en testemoyo do qual demos esta nosa carta de titolo, firmada de noso nome e seelada con noso seelo enpendente. Dada ẽna nosa vila de Pontevedra, doze dias de mes de nobenbro, anno do Nasçemento de Noso Sennor Ihesu Christo de mill et quatroçentos et quoreenta et oyto annos. Alvarus, archiepiscopus Compostellanus. Afonso Peres, secretario de meu señor o arçobispo, a fise escripvir por seu mandado.
Este he o traslado de o sobredito titulo proprio original, que era escripto en pergameno de coyro et firmado de nome do dito señor arçobispo de Santiago don Alvaro de Ysorna, cuya anima Deus aja, e seelado de seu seelo posto sobre çera colorada intercluso en çera branqua pendente en cinta de thouçan et outrosy referendado de Afon Peres, seu secretario, non raso nen chançelado, nen en alguna parte de sy suspeutoso, e caresçente de todo viçio e suspeucion, segundo prima facie por el paresçia. O qual eu Alvaro de Casteenda, notario publico jurado da çibdade de Santiago vy et lii, e aqui ben et fielmente fis escripvir et tomey en esta publica forma conçertado o proprio original do dito titulo et torney en esta publica forma segund dito he, per poder et autoridad que me para elo deu o benerable et discreto varon Afonso Yanes da Cruña, cardeal da dita Igresia, Prouisor et Vicario do muy reuerendo señor noso señor don Alfonso de Fonseca, arçobispo da dita Santa Igresia et arçobispado de Santiago, a pedimento et instançia do honrrado cavaleiro Lopo Sanches de Vlloa, vasalo del rey, noso señor, que a pedeu ao dito juis, themendose que o dito titulo se perdese por fogo, agoa, furto, roubo e outro caso fortuyto, e a qual dita autoridad e decreto, foy dada ao dito titulo por lo dito Provisor e Vicario ẽna çibdade de Santiago a onze dias do mes de julio, año do Nasçemento de Noso Señor Ihesu Christo de mill e quatroçentos et seseenta et vn años. Presentes a elo por testigos: Lopo de Monterroso, mercader, e Juan de Sant Johan, sastre, moradores ẽna dita çibdade et Juan Preto et Afon Vidal, clerigos, moradores ẽna dita vila de Muros e outros. Et por ende puje aqui meu nome et signo, que tal he em testimonio de verdade. (Signum).

Materias

vasalo; cabaleiro; capelán; castelo; cera; coiro; confirmación; consello real; cordón; crego; escudeiro; familia; feudo; fidalgo; fillo; freguesía; freguesía; herdanza; mercé; mesa arcebispal; notario maior; pai; pergamiño; preito; preito homenaxe; publicación; rei; selo; título; traslado; xurisdición; xustiza; xustiza; chancelaría

Persoas

Álvaro de Isorna, arcebispo de Santiago de Compostela; Afonso de Fonseca II, arcebispo de Santiago de Compostela; Afonso Eáns da Coruña, cardeal de Santiago de Compostela e provisor e vigairo; Afonso Pérez de Vilamide, secretario; Afonso Vidal, crego; Lope de Mendoza, arcebispo de Santiago de Compostela; Lopo de Mendoza, arcebispo de Santiago de Compostela; Lopo de Monterroso, mercador; Lopo Osorio de Moscoso, conde de Altamira; Lopo Sánchez de Ulloa, cabaleiro Lopo Sánchez de Ulloa, cabaleiro; Vasco López de Ulloa, fillo de Lopo Sánchez de Ulloa; Xoán de San Xoán, xastre; Xoán Preto, crego; Álvaro de Castenda, notario

Outros

Santiago de Compostela, arcebispado; Santiago de Compostela, arquidiocese; Santiago de Compostela, cabido; León, reino

Lugares

A Coruña; Abades, Santa María; Benquerenza; Cervaña, San Salvador; Chapa, San Cibrao; Escuadro, San Salvador; Fiestras, San Martiño; Graña, Santa Maria; León, reino; Moalde, San Mamede; Monterroso; Muros; Pazos, San Martiño; Ponte, San Miguel; Pontevedra; Prado, San Martiño; Refoxos, San Paio; Roma; Santiago de Compostela; Santiago de Compostela, arquidiocese; Seydos, San Mamede; Taboada, Santiago; Tomonde, Santa María; Ulloa; Valladolid; Vilar, San Martiño; Xestoso, Santa María