GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro de Notas de Álvaro Afonso

341

agosto, 7

Afonso de Abral querélase ante o alcalde contra Ares de Portomarín, por agredilo cunha pedra. (fol. 105)

Querella de Afonso dAbral.

En este dito día enno Tendal da Fige[i]ra, que eran sete dias do mes de agosto, ante (- - -) bachiller, Afonso d’Abral deu querella ao dito bachiller, alcallde e juis da çibdade d’Ourense, disendo que en como estando el oje este dito día enna Crus dos Ferreiros et sendo y sentado et non fasendo nen disendo mal a persona alguna por que mal devese reçeber, que aderençara a el Ares de Porto Marin vesiño da dita çibdade et que lle dera a salva fe a maao tenente, non se catando del, tres pedradas con huna pedra enna cabeça, as quaes logo y mostrou e que llo dava todo por querella etç. e que lle requería que o prendese, non dese solto nen fiado ata que a justiça del rey en el fose conprida etç., sobre lo qual feso juramento, e o dito alcallde diso que lle pesava et podendoo aver que faría del conprimento de dereito et de justiça etç. Tests. Joan Fernandes Cespo, Joan de Joham, Loys Gonçalves escripvano et Martin de Joham e outros.