GMH/ÍNDICE A-Z

D71A
1459, abril, 12
O arcediago Xoán González de Deza pide ao alcalde que deteña os implicados nun debate (un deles Gómez de Monterroso, home do dito arcediago) e investigue o caso. (fol. 26v)

Joan Gonçalves arçediano.

En este día Joan Gonçalves, arçediano de Deça, tomou testemuyo contra Pero de Miranda alcallde, que por quanto era debate ontre seu omen Gomes de Monterroso et (- - -) ama de Nuno d’Ousende, que os prendese et sacase peresquisa de qual era culpado et fesese justiça, senon que protestava etç. Diso que era prestes para ello. Tests. Ares Fernandes, Lopo de Deça, Afonso Lopes coengos.