GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

118
1312, abril, 4. Lugo
Relación dos documentos utilizados polo bispo de Lugo no preito co Concello da mesma cidade.

MADRID, AHN, Cód. 1042 B, fol. 54r.

Ed., VILLAAMIL: Est. hist., ap. XV.

Era de mill CCC Lª annos et quotum IIIIº dias andados d'abril. Nosso senor obispo, don frey Iohan, quando se fuy para casa del rey a preyto con o conçello de Lugo, levou do thesouro huna conffirmaçon do rey don Sancho sobre la sentença do rey don Fernando. Item outro privilegio porque conffirmava este rey don Fernando, que agora he, todos los privilegios da eglesia de Lugo. Item outra carta del rey don Sancho porque manda que o bispo de Lugo husse na villa de Lugo, et en seus coutos, segundo mellor husaron os outros bispos que foran y senpre. Item o traslado de todos los privillegios das moedas et das libertades feyto por Francisco Lopez, notario de Lugo, que fuy. Item outra carta feyta por Iohan Domingues, notario, porque Lª omees boos en nome do conçello fezeron menagem et juramento que nunca fosse contra o senorios da eglesia de Lugo.

Affonso Perez, notario, por mandado do cabidoo notuit.