GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

487
1395, setembro, 13
foro

O cabido afóralles a perpetuidade a Afonso Pérez, xuíz da cidade, e á súa muller, Costanza Iáñez, unha leira de herdade no Couto, da que anteriormente renunciara o cóengo Afonso Fernández, por 6 libras.

O 19 de outubro outorga o seu consentimento o tenente da renda da Pena, á que pertence a dita herdade.

ACOu, Escrituras XV, 10

Sabean quantos esta carta viren commo nos o cabidoo e pesonas e coengos e omes boons da igleia d’Ourense et presente e outorgante Iohan Afonso de Castro coengo da dita igleia, tenente lugar do dean ennos contraptos do cabidoo, seendo juntados en noso cabidoo por canpaan tanjuda sigundo avemos de uso e de costume, damos e outorgamos a foro a vos Afonso Peres juis d’Ourense et a vosa moller Costança Yanes que non he presente et a todas vosas vozes para senpre huna leira de herdade e de terreo que nos avemos en termio desta çidade d’Ourense hun chaman o Couto, et perteensçe a nossa renda de Pena, a qual de nos tiña aforada Afonso Fernandes coengo que he presente et demytiu nosla por este notario por que esta carta he feita por quanto entendeu que non podia conprir e agardar as condiçoens que (... t)iña postas, et nos reçebemos en nos a dita herdade por este dito notario, et a qual leira parte duun cabo con outra leira derdade que vos o dito Afonso Peres teendes aforada da (...) ordenou Oufemia Cacha, et do outro cabo parte com o canpo do Couto et fere en fondo no camiño vello dos herdeiros que vay por ontre esta herdade (...)tan Françisco alfayate e Afonso de Vilarnaz, et en çima entesta no camiño grande que vay de Porto Carreiro para o Couto e para Hervedelo, a qual leira der(...) e en canpo gran tenpo. Aforamos vos a dita leira derdade para senpre sigundo dito he con todas suas entradas e seydas e con todos seus dereitos (...) per tal condiçon que a chantedes de viña en estes primeiros tres annos que veen et ela chantada que a lavredes e paredes ben commo non desfalesca por mingoa de (...)ramento, et dedes ende e paguedes vos e vosa voz de foro cada anno a nos o dito cabidoo ou ao que porlo tenpo tever a dita vosa renda de Pena por dia de San (Martiño do) mes de novenbro seis libras de diñeiros brancos desta moeda usual que ora corrre de que contan quareenta pares de diñeiros brancos por tres libras ou a estimaçon delas na moeda que correr porlo tenpo. Et do al que a ajades de disemo a deus livre e quite de todo outro enbargo e encarrego alguun. Et se vos ou vosa voz quiserdes vender, deitar ou subpinorar a dita leira ou parte dela que primeiramente frontedes a nos o dito cabidoo que a ajamos porlo justo preço que vos outro por ela der, et non na querendo nos por ese preço resçeber entonçe a vendede, deitade ou subpinorade aa tal pessona que seia vosa semellavil que labre e pague e cunpra e agarde todo esto que dito he. Outrosy he posto que non posades vos nen vosa voz fazer manda nen aniversario porla dita herdade a igleia nen a moesteiro salvo a nos o dito cabidoo. Et obligamos os beens da mesa de nos o dito cabidoo para vos anparar e defender senpre a dereito con a dita herdade que vos aforamos commo dito he. Et para vos la faser saan e de pas a todo tenpo. Et eu o dito Afonso Peres que soon presente por min e porla dita miña moller que non he presente et por toda nosa voz para senpre asi o outorgo et reçebo en min a dita leira derdade aforada de vos o dito cabidoo enna maneira que dita he. Et obligo todos meus beens para a chantar e lavrar e parar ben et pagar cada anno (...) dito dia a vos o dito cabidoo ou ao teendor da dita renda as ditas seis libras do dito foro et conprir e agardar todas las condiçoens e cada huna delas que en esta carta son contiudas. Posto foy e outorgado que qual quer de nos as partes que contra esto passar e o non conprir e agardar que peyte aa outra parte que o conprir e agardar quiser por nomme de pena e de interesse dusentos mrs. da boa moeda, et a dita pena pagada ou non esta carta e aforamento sobre dito fique firme e valla para senpre. Et eu o dito Afonso Fernandes coengo que soo presente asi outorgo a dita demitiçon e todo esto sigundo e enna maneira que dita he. Feita a carta enno dito cabidoo, trese dias do mes de setenbre, anno do nasçemento de noso salvador Ihesu Cristo de mill e trezentos e noveenta e çinqo annos. Tests. que a esto presentes foron Rodrigo Afonso fesico e Pero Afonso porteiro do dito cabidoo e Lourenço Martines omme do dito Afonso Peres e outros.

Et despois desto, dia martes dez e nove dias do mes de outubre deste anno sobre dito en presença de min notario e tests. juso scriptas Johan Clerigo dobreiro da igleia d’Ourense et teendor da renda de Pena porlo dito cabidoo diso que outorgava e consintia e outorgou e consintiu enno dito aforamento que o dito cabidoo avia feito para senpre da dita leira derdade ao dito Afonso Peres e sua moller e sua voz sigundo e enna maneira que sobre dita he. Tests. que foron presentes Françisco Yanes notario d’Ourense e Roy Garçia escripvan e outros.

E you Ruy Gonçalvez de Tapia thesorero dela eglesia de Orense, notario publico por la auctoridat apostolical fuy presente a todo lo sobredicho con los dichos testigos e por mandado delos dichos personas canonigos e omes buenos del dicho cabillo e vicario e a ruego e requirimiento del dicho Allonso Peres, occupado de otros negocios fize escrivir esta carta de aforamiento e signela de mi signo acostunbrado en testimonio de verdat.

(sinal)