GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro do Concello de Santiago

140

1420, marzo, 9.
 O Concello e os representantes da comunidade aproban as contas presentadas polos procuradores, que sumaban 45.000 maravedís.
Afonso da Cana, servente do Concello, declara ter recibido o importe do seu salario e vestiario que lle correspondía.

(Fol. 73 vº)
Enno anno do Naçemento de Noso Señor Ihesu Christo de mill e quatroçentos e viinte annos, nove dias do mes de março. Sabean quantos esta carta viren como nos o conçello e alcalle e regidores jurados e omes bõos da çidade de Santiago seendo juntados enno sobrado da notaria de Ruy Martines, notario da dita çidade por crida de anafil segundo que avemos de uso e de costume, presentes ende Juan Fernandes Abril e Vaasco Peres Abril, alcalles enna dita çidade e Martin Galos e Alvaro Afonso Juliate e Gomes Rodriges, bachiller en Decretos, Afonso Fernandes Abril e Fernan Gonçales do Preguntoiro, regidores jurados enna dita çidade e Pero Leal e Juan de Vilaside e Goncalvo Yanes do Escurelo, mercadores vesiños da dita çidade, os quaes nos o dito conçello e alcalles e regidores sobreditos elegimos para que por parte dos mercadores e dos outros ofiçios e comunidade da dita çidade aas posturas e repartimentos de quaesquer contias de maravedis que enna dita çidade se ouvesen de dar e coller e repartir e encanavar este dito anno e ao tomar das contas, outorgamos e conoscemos que reçebemos de vos Garcia Rodriges, canbeador, e Juan Dominges de Liñares, mercador, nosos procuradores que fostes o anno pasado do naçemento de Noso Señor Ihesu Christo de mill e quatroçentos e des e nove annos que se começou a trese dias do mes de janeiro do dito anno e se fiinçeu e cabou en este anno da  feita desta carta boa conta, çerta, leal e verdadeira, asi por lo graado como por lo miudo de contia de quoreenta e çinquo mill maravedis de moeda vella contando branqua en tres dineiros de hũa renda e media que fui posta enna dita çidade o dito anno de voso procuratorio os quaes maravedis vos os sobreditos Garcia Rodriges e Juan Dominges por nos e en noso nome e como nosos procuradores reçebestes e recabdastes o sobredito anno en esta maneira que se sige: primeiramente que recabdastes de Afonso Dominges da Peña, da renda do peso e portajẽe que de nos o dito conçello ten arendado tres mill e noveenta maravedis, branqua en tres dineiros da paga de tres terços fiinçidos por lo postromeiro dia do mes de janeiro deste anno da feita desta carta e en estes maravedis entran os çento e des maravedis que o dito Afonso Dominges pagou a Pero Rodriges Sopas por la renda que avian de aver enna casa da  carniçaria do dito conçello. Iten que recabdastes de Fernan Bernaldez da renda que ten feita da casa do pescado do dito conçello seisçentos e viinte maravedis dos oytoçentos maravedis porque el ten arrendada a dita casa. Iten que recabdastes mais de honse moleiros e hũa vella dusentos e triinta maravedis. Iten que recabdastes dos aviundos con nos o dito conçello esto que aqui dira: de dona Maria, yrmãa de Bernald Yanes do Canpo seseenta maravedis, e de Afonso de Leon, zibicheiro, triinta maravedis e de Mestre Rojel. pichileiro, viinte maravedis e de Juan Costas, mercador, quoreenta maravedis, e de Martin de Burgos çinqoenta maravedis, e de Mestre Xufreu, quoreenta maravedis, de Fernan Gardado viinte e cinquo maravedis, de Afonso Gomes, canbeador, quoreenta maravedis, de Afonso Fernandes, peliteiro, viinte maravedis, de Costança Asinada des maravedis, de Martin de Brion çinquo maravedis e tres dineiros E asi monta e soma todo o que por nos recabdastes o dito anno de voso procuratorio quorenta e nove mill e tresentos maravedis e tres dineiros da sobredita moeda asi da dita renda e media como das outras devedas e rendas que a nos o dito conçello eran devidas por las personas suso declaradas, e os quaes sobreditos quoreenta e nove mill e tresentos maravedis e tres dineiros da dita moeda que vos os sobreditos Garcia Rodriges e Juan Dominges por nos e en noso nome reçebestes e recabdastes o dito anno enna maneira que dita he e segundo que suso he declarado por noso mandado destes e pagastes en esta guisa: Iten que pagastes a noso señor o arçobispo don Lopo triinta mill maravedis da dita moeda con que o servimos o dito anno de voso procuratorio. Iten que pagastes a çertas personas vesiños desta çidade tres mill maravedis que enprestaron a nos o dito conçello que nos foron neçesarios para çertos mesteres os quaes maravedis por nos recabdou das taes personas Alvaro Viçoso, vesiño desta dita cidade. Iten que pagastes a Fernand Ares Xarpa dos marquos de noso señor el rey que del ten en merçed mill e noveçentos e viinte maravedis. Iten que pagastes a Gomes Rodriges bachiller en Decretos dos marquos de noso señor o arçobispo mill e noveçentos e viinte maravedis. Iten que pagastes do jantar do Endeantado seteçentos e viinte maravedis, Iten que pagastes ao dito Gomes Rodriges bachiller e a Fernan Gonçales do Preguntoiro e a Martin Galos e a Juan Ares da Cana cinquo floriins que avian enprestado para //
(Fol. 74)
hũu mandadeiro que enbiamos a Castela ao arçobispo. Iten pagastes mais ao dito Gomes Rodriges, bachiller, de seu salario da avocaçia oytoçentos maravedis que lle eran devidos de dous annos que se fiinceron en este anno da feita desta carta. Iten que pagastes aos alcalles desta çidade tres mill e quatroçentos maravedis que avian de aver por rason de seus ofiçios e salarios. Iten pagastes a mestre Fernando, çurugiano, tresentos maravedis que lle eran devidos de dous annos. Iten pagastes ao mestre do relogio çento e çinquenta maravedis. Iten pagastes ao capelan de Santa Catalina çento e oyteenta maravedis. Iten pagastes a Afonso da Cana quatroçentos maravedis de seu salario. Iten pagastes ao mandadeiro que fue a Valladolid e a Madrid sobre feito das alcaldias e das tomas, quinentos e quoreenta maravedis. Iten pagastes a Rui Martines, notario, por la carta das peñoras que trouxo da Corte, cento e viinte maravedis. Iten pagastes a este Rui Martines e a Pero Afonso, notario, do salarios que de vos o dito conçello tẽen dosentos e çinquoenta e dous maravedis. Iten pagastes a quatro serventes tresentos e sesenta maravedis de seus salarios. Iten a Domingo Longo, pregoeiro do dito conçello, cento e viinte maravedis. Iten pagastes a hũu ome de Diego Lopes dous floriins porque levase uuas cartas a noso señor o arçobispo quando estava en Castela. Iten que pagastes a Sueiro da Enfesta, quando levou as cartas a Rodrigo de Sandoval viinte maravedis. Iten pagastes a Fernan Vieites quando enbiamos a a Cruña, quinse maravedis. Iten pagastes por noso mandado a Pero leiteiro e Alvaro Gil oyteenta maravedis. Iten pagastes a  Pero Yanes Abraldes e a Rui Fernandes, notario apostolico das taboas do conçello viinte e seis maravedis. Iten vos reçebemos mais enna dita conta e paga certos maravedis de fallas que a nos foron cargados destas personas que aqui dira: de Afonso de Leon, zibicheiro, noveenta maravedis. Iten de Maria Franqua, pãadeira de San Domingo, quoreenta e oyto maravedis e de Fernan Afonso que mora açerqua das casas de Pero Vermũus seseenta maravedis. Iten de Vasco Troquo çento e seseenta e hũu maravedi. Iten de vos o dito Juan Dominges, procurador, çento e oyteenta e seis maravedis, e do çapateiro do arçobispo seseenta maravedis. Iten de Fernan de Pereira, seteenta e cinquo maravedis e de Jacome Martines quoreenta e cinquo maravedis e de vos o dito Garcia Rodriges çento e quinse maravedis. Iten da pãadeira do cabidõo des e oyto maravedis. Iten de Martin de Burgos, cinquoeenta maravedis. Iten de Juan Garcia, criado, de Goncalvo Freire triinta maravedis e de Gomes d’Ordẽes viinte e quatro maravedis. Iten para os muros dusentos maravedis. Iten do selario de vos os ditos procuradores dous mill maravedis. Iten que pagastes a Diego Lopes de Toledo mill maravedis. Iten de custos miudos que vos o dito Garcia Rodriges destes en conta que gastarades dusentos e cinquoeenta maravedis. Iten que pagastes a Afonso de Cana dusentos e seseenta maravedis de seu salario e vistuario que lle devian ata o postromeiro dia do mes de fevereiro postromeiro pasado. Iten de custos miudos que vos o dito Juan Dominges destes en conta triinta e cinquo maravedis. Iten que pagastes mais a Juan de Vilaside para en pago do jantar de noso señor el rey este dito anno çen maravedis E asi son conpridos e pagados todos los maravedis que vos os ditos Garcia Rodriges e Juan Dominges nosos procuradores que fostes o sobredito anno reçebestes e recabdastes en noso nome e destes e pagastes por noso mandado enna maneira que dita he, e segundo que de suso fas mençon e dos quaes ditos maravedis nos outorgamos de vos por entregos e ben pagados e renunçiamos a exepçon do aver non dado nen contado nen reçebido nen pagado en presença do notario e testemoyas e a a ley que dis que se pode opeer esta exepçon e que se feso a confeson so asperança de paga e renunçiamos aas leis que disen que as ditas exepções se poden opoer fasta çertos tenpos. E damos por livres e quitos doje este dia endeante para todo senpre a vos os ditos Garcia Rodriges e Juan Dominges e a vosos bẽes e herdeiros e suçesores e de cada hũu de vos de todos los sobreditos maravedis da moeda sobredita que asi por nos e en noso nome reçebestes e recabdastes o sobredito anno por quanto os destes e pagastes por noso mandado enna //
(Fol. 74 vº)
maneira que dita he e segundo que de suso he declarado e prometemos non vos demandar de aqui endeante sobre esto que dito he en juiso nen fora del en algũu tenpo nen por algũa maneira so pena do dobro dito contia que vos pagemos por pena se contra elo viermos e a pena pagada ou non pagada todavia esta carta de pago e as cousas en ela contiudas fiquen firmes e vallan para senpre. E eu o dito Garcia Rodriges que presente so por min e por lo dito Juan Dominges asi o reçebo. Feita e outorgada a carta de pago enna dita çidade enno sobredito lugar, anno, dia e mes sobreditos. Testemoyas que a esto foron presentes: Fernan Ares Xarpa,  Pero Yanes Abraldes, Ares Chantreiro, Alvaro Gil, Juan Ares Chantreiro, Garcia Yanes Alfeu, Alvaro Viçoso, vesiños da dita çidade e Domingo Longo e Sueiro da Enfesta serventes do dito conçello.
Dada a Garcia Rodriges para sy e para Juan Dominges por lo escusador.
Predito. Afonso da Cana, servente do dito conçello outorgouse por pagado do salario e vistuario que ten do dito conçello de todo o tenpo pasado ata en fin do mes de fevereiro que agora pasou e renunçio a toda exepçon que non disese delo o contrario e aa ley etc. Testemoyas, os sobreditos.
 

Materias

alimentos; arrendamento; avogado; axudas de custe; branca; capelán; carne; cartas; catedral; conta; corte real; débeda; diñeiros; familia; fisco; florín; irmá; irmán; marabedí; mercé; muíño; muller; muralla; pagamento; panadeira; pedidos; peixe; peso; portádego; prenda; recadador; rei; reloxo; repartimento; rexistro; roupa; selo; servente; servizo; tributo; viaxe; xantar; xornal; zapateiro; notaría

Persoas

Afonso da Cana; Afonso de León, acibecheiro; Afonso de León, acibicheiro; Afonso Domínguez da Pena, recadador; Afonso Fernández Abril, rexedor de Santiago de Compostela; Afonso Fernández, peliqueiro; Afonso Gómez, cambiador; Álvaro Afonso Xuliate, rexedor de Santiago de Compostela; Álvaro Vizoso; Álvaro Xil; Ares Chantreiro; Bernal de Eáns do Campo; Constanza Asinada; Diego López de Toledo; Domingos Longo, pregoeiro; Dona María; Fernando Afonso; Fernando Ares Serpe, recadador; Fernando Bernáldez; Fernando de Pereira; Fernando Gardado; Fernando González do Preguntoiro, rexedor de Santiago de Compostela; Fernando Viéitez; García Eáns Alfeu; García Fernández Sarmiento, adiantado de Galicia; García Rodríguez, cambiador e procurador do concello Santiago de Compostela; Gómez de Ordes; Gómez Rodríguez, bacharel en decretos e rexedor de Santiago de Compostela; Gonzalo Eáns do Escurelo, mercador e repartidor; Gonzalo Freire; Lope de Mendoza, arcebispo de Santiago de Compostela; María Franqueira, panadeira; Martiño de Brión; Martiño de Burgos; Martiño Galos, rexedor de Santiago de Compostela; Mesfre Xufre; Mestre Fernando, cirurxián; Mestre Roxel, picheleiro; Pedro Afonso, notario; Pedro Bermúdez de Montaos; Pedro Eáns Abraldes; Pedro Leal, mercador e repartidor; Pedro Leiteiro; Pedro Rodríguez Sopas; Roi de Sandoval; Roi Fernández, notario apostólico; Sueiro da Enfesta; Vasco Fernández Troco; Vasco Pérez Abril, alcalde de Santiago de Compostela; Xácome Martínez; Xoán Ares Chantreiro; Xoán Ares da Cana; Xoán Costas, mercador; Xoán de Vilacide, mercador e repartidor; Xoán Domínguez de Liñares, mercador e procurador do concello Santiago de Compostela; Xoán Fernández Abril, alcalde de Santiago de Compostela; Xoán García, criado; Roi Martínez de Carballido, notario público

Outros

Capela de Santa Catarina; Capela dos Reis; Casa da peixaría; San Domingos de Bonaval; Santiago de Compostela, cabido; Santiago de Compostela, concello; Casa da Carnicería

Lugares

A Coruña; Madrid; Santiago de Compostela; Valladolid