GMH/ÍNDICE A-Z

14
1433, abril, 24

Juan de Abella, mareante, debe a Juan Peres, criado de Lope Alvares de León, 15 milleiros de sardiña arencada, polos que xa recibiu o importe acordado. Promete entregalos no mes de novembro.

(f. 7 v)
XXIIII dias do dito mes. Juan de Abella, marineiro, deve a Juan Peres, criado de Lopes Alvares de Leon, quinse milleiros de sardiña arenquada boa et merchante, etc... Fernado Agra reçebeu a contia en mĩa presença, etc... Pague en todo mes de novenbro. Ts. Juan Louçao et Rodrigo Afonso, toneleiro, et Afonso Louro.