GMH/ÍNDICE A-Z

48
1306, novembro, 3
Pedro Lourenzo e a súa muller dóanlle a García Fernández as súas propiedades en Santa María de Alta.
 MADRID, AHN, Carp. 1332 A/16, perg. orix., galego, gótica cursiva, 211x116 mm.

In Dei nomine amen. Sabiam quantos esta carta viren commo nos Pedro Lourenço et Maior Ferrnandez mia muller, anbos de consuu, damos a vos Garçia Ferrnandes de Santa Maria Alta escudeyro, et a vossa muler Aldara Eanes, doaçon entre vivos por iur de herdade todo o herdamento que nos avemos et devemos por aver na yglesia de Santa Maria Alta, o qual herdamento eu Moor Ferrnandes aio de parte de meu padre Ferrnan Garçia de Progel, o qual herdamento rende cada anno tres oytavas minus terça de pan et quatro soldos desta moneda del rey don Fernando. Et esta doaçon vos fasemos por moyto ben et moyta aiuda que nos vos senpre fesestes. Et outorgamos et obligamos por nos et por todos nossos bees a vos fasermos senpre esta doaçon sobredita de pas. Et que esto seia çerto rogamos Areas Affonso notario de Lugo que vos fesesse desta doaçon este publico estromento en testemoyo de verdade.

Que foy feyto tres dias de novembre. Era Mª CCCª XLª IIIIª.

Testemoyas: Gonçalvo Gil de Villa Alvite ts.; Roy Sanches das Ribeyras, cavaleyro, ts.; Domingo Perez, clerigo do chantres, ts.; Pedro Peres de San Iulao ts.; et outros moytos testemoyas.

Et eu Areas Affonso, publico notario de Lugo, a esto presente foy et notey et escrivi esta carta por mina mao propia et puge y meu nome et meu signal en testemoyo de verdade.

SIGNO