GMH/ÍNDICE A-Z

30

1417, marzo, 3.
Gómez Rodríguez declara ter recibido os maravedís que lle correspondían dos marcos do arcebispo.

Tres dias do mes de março. Sabean todos que eu Gomes Rodriges, bachiller en decretos et jurado enna çidade de Santiago, outorgo et connosco que reçeby de vos Gil Peres, que presente sodes et de Bernald Yanes do Camiño, que he absente, procuradores que sodes do conçello da dita çidade todas las contias de maravedis que o dito conçello devia a noso señor o arçobispo de Santiago don Lopo dos marquos que o dito señor arçobispo ha en cada ũu anno enna dita çidade. Et os quaes eu del teño en merçet en cada ũu anno et os quaes moravedis dos ditos marquos que me asi pagastes son deste anno da feita desta carta et dos quaes moravedis deste dito anno outorgo et connosco que so entrego et ben pagado et renunçio a toda exeiçon que non diga ende o contrario et a a ley que dize que a paga deve sẽer feita so a vista et reçebida en presença do notario et testemoyas. Et do por livre et quito a o dito concello et a vos os ditos seus procuradores en seu nome, dos ditos marquos que asi aviades de pagar este dito anno por quanto me fezestes delo paga segundo dito he et se outra carta de pago paraesçer que eu vos ouvese dado sobre esta rason non valla salvo esta. Et eu o dito Gil Peres por min et por lo dito Bernald Yanes asi o reçebo. Testemoyas que a esto foron presentes, Fernan Passete et Nuno Golçalves Vinagre et Garçia Rodriges, canbeador, visiño da dita çidade.
D’Aqui ajuso por lo escusador.