GMH/ÍNDICE A-Z

D66
1459, abril, 11
Gómez Afonso demanda certas cantidades de trigo, centeo e viño que lle deben mestre Afonso e Diego Fernández. (fol. 25)

Gomes Afonso. Feita e dada.

(En este día et por estes tests. Gomes Afonso demandou a mestre Afonso et a Diego Fernandes quatro fanegas de trigo menos hun almude et duas fanegas de çenteo et XXVI moyos de viño et XL.- vellos et huna peneira e que llos mandasen pagar. Diseron que era verdade que lle devian todo. Mandaronlle que lle pagase o trigo et çenteo segundo que fose achado que valuera aquel anno et en aquel tenpo, et o viño que llo pagasen segundo que valia en aquel, et os quoreenta mrs., todo ata IX dias, con as costas dereytas. Tests. Fernando Lopes, Pero Gayo, mestre Antonio, Joan Beesteiro et Lopo de Bueiros, Alvaro Fernandes pregoeiro)*.