GMH/ÍNDICE A-Z

634
1360, decembro, 31. Lugo

O bispo e o Cabido de Lugo outórganlle a Afonso Eanes, procurador do abade de San Salvador de Chantada (inclúe a carta de poder: 1360-XII-22, Chantada. CD n.º 633), un casal en Santo Estevo de Adulfe, e recibe a cambio medio casal en San Miguel de Vilela e todo o que posúe o mosteiro en San Xián do Campo.

MADRID, AHN, Carp. 1332 F/3, perg. orix., galego, gótica cursiva, 223x542 mm.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos don frey Pedro Lopes da orden dos preegadores, por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, con outorgamento de don Diego Ferrnandes, dayan desse lugar, et dos homes boos da dita iglesia, seendo iuntados en cabidoo por campaa taniuda enno thesouro da dita iglesia, segundo que o avemos de husso et de custume, da huna parte, et eu Affonso Yanes, monge do moesteiro de San Salvador de Chantada, procurador de don Gonçalvo Martines, abbade, et do convento do dito moesteiro por huna procuraçon feyta en esta maneira:

Segue a continuación a carta de poder (CD n.º 633).

da outra, façemos entre nos tal escanbeo valledeiro para senpre iamays: conven a saber que nos, o dito sennor obispo, con outorgamento do dito dayam et cabidoo damos a vos, o dito Affonso Yanes, para o dito abbade et moesteiro et convento del que aian para senpre por iur de herdade o nosso casal de Adulffe, que he sub signo de Sant Estevoo, que he couto do dito moesteiro, o qual casal vos damos con todas suas herdades, cassas et arvores et formaes, pastos et iures et agoas vertes per ut quer que vaan sub o dito signo et sub outros signos quaesquer. Et eu, o dito Affonso Yanes, procurador sobredito, que pressente estou en nome do dito abbade et convento do dito moesteiro dou a vos, o dito sennor obispo, et a vosa iglesia en escanbeo por lo dito casal, que aiades para sempre iamays por iur de herdade a meatade do cassal de Villela, que foy de Fernan Domingues da Grania, que he enna fiigregia de San Miguell de Villela, segundo que o dito Fernando Domingues tragia en sua vida, et todas las herdades et casas, arvores et formaes que o dito abbade et convento ham des oie este pressente dia en Pedrouços, sub signo da iglesia de San Iullao do Canpo, con todos seus pascos et iures et agoas vertes, dereituras et pertenenças per ut quer que vaan sub os ditos signos et sub outros quaesquer que vann, a qual meatade do dito casal de Villela et herdades de Pedrouços que vos dous en escanbea son do dito abbade et convento do dito moesteiro.

Et nos, o dito sennor obispo, assy reçebemos de vos, o dito Affonso Yanes, a meatade do cassal et herdades que nos dades en escanbea para nos et para a dita nosa iglesia, et obligamos nosos bees a vos faser senpre de pas [...] casal de Adulffe que vos damos en escanbea por o dito [...].

Et eu, o dito Affonso Yanes, [reçebo] en nome do dito abbade et convento [...] o dito casal de Adulffe para o dito abbade et convento, et obligo todos los bees do dito moesteiro, mobilles et rayses, [...] o dito sennor obispo et a dita vosa iglesia et cabidoo [...] de Pedrouço que vos damos en escambea [...]. Et que esto seia çerto nos as ditas partes rogamos [...], notario publico de Lugo, que fesesse desto duas cartas en hun tenor huna para [...] et outra para o dito abbade et convento do dito moesteiro, et por mayor firmidume mandamolas seellar dos seellos de nos, o dito sennor obispo, et cabidoo et abbade et convento [...].

Que foron feytas en Lugo pustrimeiro dia desembre, era de mill et tresentos et noventa et oyto annos.

Testemoyas: don Diego Fernandes, dayan; don Afonso Gomes, arçidiago de Deça; don Ruy Fernandes, arçidiago de Neyra; dom Vaasco Rodrigues, arçidiago de Deçon; don Vaasco Dias, arçidiago de Triacastela; don Lopo Afonso, iuys; don Alvar Rodrigues, thesoreyro; Iohan Dias, Tomas Rodrigues, Gonçalvo Yanes, Diego Martines, Diego Gomes, coengos, et outros.

Et eu Ruy Gonçalves, coengo, notario publico de Lugo dado por auctoridade do bispo desse miismo lugar, a esto que sobredito he presente foy et a pedimento das ditas partes esta carta en minna presença fis escrivir et puge y meu signal en testemoyo de verdade. (+).