GMH/ÍNDICE A-Z

60

1295 (1294?), decembro, 26. Vilamaior-Mondoñedo.
Pedro Yáñez manifesta ter recibido do Cabido 1.200 marabedís, coa fianza da súa viña de Fontela (Mondoñedo) (Cf. Doc. 57), e, en vista de que non podía continuar entregando os tres soldos diarios, renuncia á viña e ós outros lugares e entrégaos definitivamente ó Cabido.
A, perg. de 146 x 340 mm. Letra semigótica.

Sabbiam quantos esta carta uirem et oyrem que en presença de min Martin Iohannis raçoeiro et notario publico da yglesia de Mendonendo et das testemoyas que en esta carta son scriptas Pedro Eanes çidadao de Villamayor et sua muller / Maria Martis presentaron ao cabidoo de Mendonedo huna carta de ueruo et de condiçon que con esse cabidoo auiam na qual carta se continna que reçeberan do dito cabidoo mill cc mor. d-Alfonso da guerra et obligaron si por estes mor. ia ditos / a esse cabidoo por sua vinna da Fonteella que ias cabe da pumarega de don Pedro Rodrigues o coygo con sua herdade et con todas suas aruores commo esta uallada arredor et pelo seu quarto da vinna de Subcastro saluo o bacelar que auiam / con Johan Domingues dito Pellao que foy pumarega commo se departe da vinna de Johan de San Payo et pella vinna de Diego Diaz et da de Martin Bacoro et da vinna do cabidoo que he dos meses. Et este Pedro Eanes et sua muller ia ditos / obliganronse a pagar cada dia ao cabidoo pollos mill et dusentos mor. ia ditos por esses lugares sobreditos iiios soldos d-Alfonso da guerra pera a Matinada et se non pagassem como sobredito he ata tres meses estas vinnas et lugares ia ditos deuerian aficar liures et desenbargados ao cabidoo et seeren seus por senpre. Et este Pedro Eanes et a sobredicta sua muller rogaron ao cabidoo que reçebessem os dictos lugares por seus ca elles non lles queriam miistrar mays nen podian / conprir a carta sobredita et quitauanse delles ao cabidoo et dauanllas por iur da herdade por senpre con seus anniuersarias que por hy ante auian. Et o cabidoo a rogo delles quitoulles as condiçoes que lles auian de faser et reçeberon por seus pera / senpre os sobreditos lugares segundo se conten enna carta et na outra carta que ias no thesouro da yglesia. Esto foy feyto enno cabidoo enno alpende das casas do bispo hu se acostumou o cabidoo a faser en outro dia de Natal en / Era mª cccª xxxª iiies annos. Os que presentes foron Andres Dias chantres Domingo Ualasco arcidiago de Viueyro Martin Gonzales archidiago d-Asumara Martin Peres maestrescola Martin Pelaes thesoureyro Garcia Guillames Ruy Peres / Martin Peres Johan Peres Pedro Pelaes et Viuian Martines coygos de Mendonedo et outros muytos coygos.
Et eu Martin Iohannis notario sobredito presente fuy et a rogo das partes ia dictas esta carta en minna presença fiz escriuir/ et suescriuo por minna mao propia et ponno hy meu sinal en testemoyo de uerdade. (Signo, no que se le: Martinus Iohannis notarius).

(Reverso):
M. n. 16. B. 48. Fuero de la viña da Fontella.