GMH/ÍNDICE A-Z

115
1312, xaneiro, 20
Acta notarial pola que frei Pedro Afonso lle entrega ao bispo de Lugo diversas leiras ao redor de Santa Baia de Bolaño; así mesmo, frei Pedro dóalle á igrexa de Lugo outra leira no mesmo lugar.
 MADRID, AHN, Carp. 1332 B/16, perg. orix., galego, gótica cursiva, 175x169 mm.

Era de mill et CCC Lª annos, viinte dias de ianeiro. En presença de min Affonso Peres, notario pubrico del rey en Castroverde, et das testemoyas [que a fin desta carta son escriptas], don frey Iohan pela gracia de Deus, bispo de Lugo, foy a os agros deredor de Santa Ala de Bollano, et Pedro Affonso, frade de San Çibrao, con el, que lle foy mostrar hunas leyras que este Pedro Affonso tevera da yglesia de San Martino, que eran da yglesia de Santa Maria de Lugo, que son estas: primeyramente a leyra do Espineyro de Campo moyno, et fer de testa no Espyneyro, et na outra testa na leyra de Pedro Affonso; et outra leyra que vay a Alongaran commo se de parte do tereo de Pedro [Intan] et yaz en par do ryo, et da outra parte a carreyra. Et outrossy deu Pedro Affonso a o bispo sobredito huna mea teyga sementadura que yaz a o Sabugeyro que yaz en par duna leyra de San Çibrao; et outrosy deu este Pedro Affonso a o bispo sobredito huna leyra pequena que e huna quarta sementadura, que yaz cabo d'una de San Çibrao et fer de testa no rio que iaz a o secadeyro; et outrosy deu este Pedro Affonso a o bispo yadito outra leyra d'erdade que iaz en Serran en par d'outra leyra [dos Yces], et en par d'outra d'Affonso Martines de Castroverde, et fer de testa no poyo da Lagona, et entesta d'outra que foy de don Monino. Et estas leyras todas sobreditas disso o dito Pedro Affonso que as trougera por San Martino, et que eran suas. Et o bispo sobredito en presença de min notario reçebiu estas leyras yaditas para sy et para a yglesia de Santa Maria de Lugo, et estando Pedro Affonso presente. Et outrosy o dito Pedro Affonso deu a o bispo sobredito para sy et para a yglesia de Santa Maria de Lugo para sempre et yamays por iur derdade huna leyra que diçen de Costrilon, que iaz en par da carreyra que ven de Sertes, et da outra parte iaz en par d'outra leyra de San Martino, et fer de testa eno agro de Revoyro; a qual leyra deu este pedro Affonso a o bispo et yglesia de Lugo po-los froytos que levara destes herdamentos que el tevera de San Martino, et por sua alma; as quaes leyras yaçen su sino de Santa Alla de Bollano, et o bispo sobredito reçebio para sy et para a yglesia de Santa Maria de Lugo. Et de commo esto por ante min pasou pidiume, o bispo sobredito, hun testemoyo de verdade, et eu dillo con meu sinal que e tal.

Testemoyas que esteveron presentes: Affonso Martinez, iuys de Castroverde, et Iohan Rodriguez, alcallde, et Fernan Bollano, et Gomes Alvares, et Diego Arias, ts.; et Rodrigo Rodrigues d'Ooris, et Françisco Paes, et Martin Ferrnandez de Bolano, et Affonso Perez de San Iulao, et Françisco Fernandez, et Françisco Perez de Bollano, clerigos, ts., et outros moytos.