GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

6
1292, xaneiro, 5 (Traslado feito o 23 de abril de 1304)

testamento
 
Cláusulas do testamento de Xoán Fernández, dito Laa, cidadán de Ourense.

ACOu, Escrituras XVII, 85

(ed. M. B. Vaquero Díaz / F. J. Pérez Rodríguez, Colección documental del archivo de la Catedral de Ourense, II, 519-520, doc. 673)

Eno nome de deus amen. Eu Johan Fernandez dito Laa çidadao de Ourense cum todo meu siso e cum toda mia memoria conprida, que depoys de mia morte non vena contenda sobre meus bees, faço e ordeno deles testamento en esta maneyra: Primeyramente mando mia alma a nostro señor que a fez a sua feytura, e mando suterrar meu corpo aa ousia de San Martino de Ourense en un moymento. Et mando aa obra de San Martino c soldos etç. Iten mando que pelas mias casas e de Tereyia Perez mia moller que estam en Cima de Villa e foron de Johan Dominguez provean por elas o ençenso para o corpo de deus no altar de San Martino assi commo eu uso en mia vida, e que proveam por essa meesma casa aa lampaa que mia moller dona Tereyia poso ante o crucifixo e teña esta mia moller esta casa en sua vida e provea esto que eu mando por ela, e a sua morte fique a Aras Fernandes meu sobrino e provea por ela esto que eu mando. Et se o non quiser proveer assi commo dito é rogo ao bispo de Ourense que o faça fazer. A qual clausula deste testamento a dita Tereyia outorgou e ouvo por firme (...) herees en todos los meus bees moviles e non moviles meus fillos Johan Eanes (e Tereyia) Eanes e Moor Eanes. Et faço conpridores e exsecutores deste meu testamento Aras (...) e mia moller donna Tereyia que conpram todas estas cousas que eu mando sen seu danno segundo dito est. Et se alguun dos meus fillos ou outre quen quer veer contra este testamento en parte ou en todo aia a yra de deus e a mia maldiçon e perca todas las cousas que lle y foron mandadas e aa vos del rey peyte por pena mill mor. da moeda nova e o testamento fique firme a todo tenpo. Outrossi dou poder a estes meus conpridores que tomen alguna cousa sinaladamente e façan cantar cada dia missa por mia alma. Et esto que o façam ante que meus fillos partam e dure en vida de meus fillos tanto e non mays, e esto seia sobre los outros anaes que mandey. Et se por ventura Johan Eanes e Tereyia Anes meus fillos corronpessem este meu testamento de dereyto, mando e quero que Moor Eanes mia filla aia a terça parte de meus beens en melloria sobre seus yrmaos. Et meus conpridores receban o quinto de todos meus bees para conprir o que eu mando. Et quero e mando que este seia meu testamento e mia pustrimeyra voontade. Et se valer non poder commo testamento que valla commo codiçillo ou commo outra escritura publica qual quer por aquel dereyto que mellor valer pode e seer mays firme. Et quen contra el veer aia a yra de deus e peyte a pena sobre dita, e a pena pagada ou non o testamento fique firme e todas las cousas sobre ditas. Regnando en Leon e en Castela o muy nobre rey don Sancho. Bispo en Ourense don Pero Eanes. Endeantado mayor del rey en Galiza don Diego Gomez. Feyto o testamento en Ourense en casa do dito Johan Fernandez, cinqo dias de janeyro, era de mill e ccc xxxª annos. Testemuyas a esto chamadas e rogadas frey Aras guardiam de Ourense, Nuno Fernandez, Pero Martinez, Pero Eanes dito Limao, Johan Martinez, Pay Garcia, Fernan Domingues mercadores de Ourense, Martin Affonso capellan.

            Et eu Johan Perez de Ourense notario da igleia de Roma e del rey a esto fuy presente e a rogo do dito Johan Fernandez este testamento escrivi en forma publica, no qual meu sinal puge en testemuyo de verdade.

            Este he tralado das clausulas sobreditas sacadas do testamento sobredito feyto por Johan Peres notario que foy d’Ourense e sinado con seu sinal. O qual tralado eu Grigorio notario d’Ourensse fiz escrivir e puge y meu sinal en testemunyo de verdade por mandado de don Pero bispo d’Ourense, quinta feyra xxiii dias de abril, era de mill e ccc e xl e dous anos. Testemunyas Johan Eanes capelam do bispo, Fernan Peres, Martin Fernandez, Gomez Fernandez clerigos, Estevoon Dias seu escudeyro.