GMH/ÍNDICE A-Z

534
1434decembro, 22

Rodrigo Afonso de Touro, recadador, reclama ao abade de Celanova as alcabalas do pan que venderan na cidade, aprestándose este a facer a conta. (fol. 165v)

Rodrigo Afonso de Touro.

Et despois desto, a XXII dias do dito mes do dito anno, en Ourense ennas casas do abade de Çelanova, Rodrigo Afonso de Touro, recadador da alcavala do pan desta dita çidade deste dito anno, requerío ao dito don Joan Fernandes abade que presente estava, que lle dese et pagase alcavala de todo o pan que el et seus mayordomos e outros por el avyan vendido en todo este dito anno enna dita çidade, fasendo asy que farian ben e dereito, senon que protestava de a aver del segundo que el rey manda por seu caderno etç. et logo o dito Joan Fernandes abade diso que el non cría nen sabya que tal pan vendese el nen outros por el, pero daquello que fose achado que seus mayordomos devía venderan que ela prestes de faser conta con el e delo pagar et esto diso que lle dava por resposta negando etç. Tests. Alvaro Peres, Alvaro Gonçalves notarios, o abade de Santa Maria de Lourençaa et (- - -) bacheller, mestre da escola dos gramaticos. (fol. 165v)