GMH/ÍNDICE A-Z

436
1283/04/07.
O escudeiro Pedro Arias do Souto véndelle ó mosteiro de Toxos Outos a metade da vila de Piñeiro e dos dous Pedrouzos e maila súa herdade de Lavapés, en S. Vicente de Augas Santas e Sta. María de Leroño, por duascentas dez libras afonsís da guerra.

B.- Tombo, f. 125rv.
Transcr.- SALVADO MARTÍNEZ, B.- “Tumbo de Toxosoutos...”, doc. n.º 56, pp. 226-227.

Carta de Petro Arie, escudeyro de Souto, da mea da villa de Pineyro et dambos los villares de Pedrouzos et en Laua Pees cum todas suas dereyturas.

In Dei nomine. Cunuzuda cousa seia a quantos esta carta viren et oyrem que eu Pedro Aras, escudeyro de Souto, por min et por toda mina uox de boo grado et de boa uoontade vendo et firmemente outorgu a vos don Sancho Eanes, abbade do moesteyro de Sam Iusto de Togos Outos, comparante por uos et polo conuento desse moesteyro et por toda uox desse moesteyro a media da villa de Pineyro et danbolos vilares de Pedrouzos et quanto eu ei et aauer deuo en Laua Pees, et de mays quanto esses meus omeens de Pedrouzos lauran et usam por min et que teen aiurados destas uozarias de suso ditas et doutras por u for uoz desta villa de Pineyro et danbolos uillares de Pedrouzos et de Laua Pees en friigregia de San Vicenzo de Agoas Sanctas et de Sancta Maria de Leeronio cum herdade et cum casas et cum chantados et cum suas dereyturas por CC et X libras de dineyros alfonsiis moneda de guerra de quaes me confesso que soo ben pagado. Et renuncio to- // -da exceyzon que non possa dizer que estes dineyros que me non forun cuntados et dados, et se estas cousas mays ualem dou et dooas assi como doazon pode seer mays firme et mays liure a uos en nome desse moesteyro por mina alma; et debeo a amparar uos et o moesteyro et vossa uox cum estas cousas et cum cada vna dellas por min et por todas minas boas et especialmente por quanto ey ena villa de Souto. Et toda possisson et senorio destas cousas et de cada una dellas de min tollo et de mina uoz et en uos et eno moesteyro et na uossa uoz o meto por esta carta que uos logu en presente dou; et se pela uentura des aqui adeante eu estas cousas de suso ditas ou alguna delas teuer ou ende alguna cousa receber ou en uida ou en morte foren achadas en meu poder confessome min teer et receber e possoyr por uos et polo moesteyro de suso dito et en uossu nome; et outorgo que uos et o moesteyro possades por uossa outoridade en todo tempo cada que quiserdes por uos ou por outro entrar et receber et possuir todas estas cousas de suso ditas et cada vna delas assi como uerdadeyros senores et uerdadeyros possuydores et fazede dellas toda uossa uoontade.

Se eu ou alguun outro contra esta carta et contra aquelo que en ella iaz ueer en iuyzo nen fora de iuizo por min nen por outro peyte a uos et ao moesteyro et a uossa uox esta herdade doblada et encima CCCCos e XXi libras de predicta moneda; et a carta toda una seya firme et ualla por sempre.

Feyta a carta de vindizon et de doazon sub era M CCCa XXa Ia ano et quodo VII dias andados do mes d’abrili.

Et eu Pedro Aras de suso dito esta carta por mynas maos roboro.

Q. p. f.: Rodericus Petri, clericus Sancti Vincencii de Sespaon. Domingo Perez dicto Botello de Ceruya. Joham Iulianze d’Ousende. Domingo Eanes, clerigo de San Martino d’Ermedelo. Johan Betoffe, clerigo. Affonso Suarez de Branderiz. Domingo Perez dicto Papeyro d’Esteyro de Carino.

Eu Pedro Diaz, iurado noteyro ena terra de Pestomarchos et de Valeyron, y fuy presente et escriui et confirmo et pono y meu sinal por testemoyo de verdade. (Signum).