GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Minutario notarial de Pontevedra

3
1433, marzo 29

María de Lapido, viúva de Gonçalvo de Migelles, carniçeiro, morto sen testamento, vende a Fernan Martines de Fragoso, morador na freguesia de Santa Cruz de Fragoso, a terceira parte dunha cuarta de herdade na dita freguesia.

(f. 3 v)

Viinte et nove dias do mes de março. Sabean todos que eu Maria de Lapido, moller que foi de Gonçalvo Migelles, carniçeiro, que Deus perdon, cuja alma eus aja, non costrenguda por força nen por engaño resçebida, mas de mia livre et propia voontade, vendo firmemente et outorgo por jur de herdade para todo senpre, a vos Fernan Martiis de Fragoso, morador ẽna figresia de Santa Crus de Fragoso, e a bosa moller, Maria Eanes, et a todas vosas vozes e suas, o terço de hũa quinta de toda a herdade que chaman da voz de Juan de Ben, que agora he do moesteiro de San Salvador de Lerez et mas se mas houber, a qual vay eno casal de Pero Carnello que se parte con herdade do casal de Bouça Deyque ondequer que ela vãa a montes e a fontes ẽna dita figresia et a qual pertesçia ao dito meu marido por sua avoa Maria Gonçalves e a min en nome del por Gonçalvo seu fillo et meu que se finou en meu poder pequeno e menor de ydade, por quanto o dito meu marido non fezo manda, et vendo, como dito he, a dita herdade ondequer que ela vaa en toda a dita figresia a montes et a fontes con todas suas entradas et por contia de trinta et tres mrs. de moeda vella, contando a branqua en tres dineiros, os quaes de bos resçebi en presença deste notario et testemoyas et de que me outorgo etc, et renunçio etc, et se mais bal etc. Et todo jur, etc, anparar etc, pena o doblo. Et eu o dito Fernan Martiis, que soo presente, por min et por la dita mĩa moller et nosas voses asi o resçebo. Testemoyas: Juan Fernandes de Vilahude, scudeiro de Alvaro Lopes de Pontebedra et Fernan Lopes, alfayate et Juan de Deus de Tomega et outros.

Feita.