GMH/ÍNDICE A-Z

545
1349, novembro, 26. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo concédenlles en precario a Vasco Fernández e á súa muller as propiedades da confraría de Santa María, en San Martiño de Furoes, baixo certas condicións. Deseguido, os beneficiarios dóanlle á devandita igrexa o casal de Porto, no Miño, e reservan para si o usufruto.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 65v.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos Diego Ferrnandes, dayan, et o cabidoo da iglesia de Lugo, seendo iuntados en cabidoo por campanya taniuda no coro desa iglesia, por faser ben et gracia a vos, Vaasco Ferrnandes de Mera, por serviço que feçestes a esta iglesia, damos a vos et a vosa muller, Costança Meendes, que tenades por en todos vosos dias d’anbos, a meatade de todo quanto herdamento et vos Vaasco Peres, que fuy morador en Onbreyro, fillo de Arias Peres de Ruveaes et de Tareyia Vaasques d’Onbreyro, avia et lle perteesçia a tempo de sua morte, en qual maneyra quier, sub signo de San Martino de Furoes, con suas casas et con todas suas pertenenças et dereyturas peru quer que vaan, sacado ende o seu quinon da leyra de Segin et dos sucos de Nespereyra, que el mandou a a dita iglesia de San Martino; a qual meatade do dito herdamento o dito Vaasco Peres mandou a a confraria de Santa Maria, que se agora feço novamente en esta iglesia de Lugo; et vos damos en tal maneyra que vos que o tenades et o façades lavrar et parar ben et mantenades as casas del en boo estado, et aiades et levedes os fruytos et rendas del en toda vosa vida d’anbos. Et outrosy se acaesçer que Eynes Gomes, muller que fuy do dito Vaasco Peres, finar ante ca vos Vaasco Ferrnandes et a dita vosa muller, que a herdade que ela comprou no dito lugar de San Martino de Furoes con o dito seu marido, que ela mandou a a dita confraria a seu finamento, que vos ou a dita vosa muller, Costança Meendes, a finamento da dita Eynes Gomes, que reçebades en nome da dita confraria a dita herdade que lle ela mandou, et a tenades et posuyades con a outra herdade sobredita enna maneyra que avedes a teer essa outra sobredita da dita confraria; et outrosy se Aldara Peres, yrmaa do dito Vaasco Peres, ou seu fillo, Lopo Arias, por raçon de manda que lle o dito Vaasco Peres feço, acaesçer de teeren en seus dias a meatade da herdade que o dito Vaasco Peres comprou de Ruy Vaasques, et finaren ante ca vos, que pus morte deles que a reçebades et iuntedes et tragades et tenades con esta outra en vosos dias d’anbos, commo sobredito he. Et a finamento de vos, los ditos Vaasco Ferrnandes et Costança Meendes, que todos \los/ herdamentos sobreditos fiquen livres et quitos a a dita confraria con todos los boos paramentos que y foren feytos.

Et eu, o dito Vaasco Ferrnandes, que estou presente por min et por la dita minna muller, asy reçebo de vos, lo dayam et cabidoo sobreditos, a dita herdade, et demays por esta graçia sobredita, que me vos fasedes, dou logo a a dita confraria para senpre por iur de herdade a meatade de hun casar, chamado do Porto, que esta na agoa do Minno et veen ferir as bocas del enna Ponte d’Onbreyro, o qual foy de Vaasco Peres d’Onbreyro, meu coyrmao, et aiunto logo a esta outra herdade sobredita que me vos dades commo dito he, et meto logo por esta presente carta a dita confraria et vos, en seu nome, enno iur et posisson del, et conosco que o tragemos et pesuymos por vos et por la dita confraria eu et a dita minna muller con a outra herdade sobredita, et avemos a levar en nosos dias os fruytos del. Et a finamento del et da dita minna muller avemos a leyxar a a dita confraria os ditos herdamentos et a dita meatade do dito nasseyro feytos, livres et quitos con todos los boos paramentos que y foren feytos. Et para o assy conprir todo obligamos todos meus beens et da dita minna muller, movilles et rayses, gaanados et por gaanar.

Et nos, o dayan et cabidoo sobreditos, asy outorgamos todo esto commo sobredito he. Et por que esto seia çerto nos las ditas partes rogamos a Fernando Garçia, notario publico del rey en Lugo, que feçese ende duas cartas en hun tenor a cada huna das partes a sua.

Que foron feytas en Lugo XXVI dias de novenbre, era de mill et CCC LXXXª et sete annos.

Testemoyas: don Diego Ferrnandes, dayan sobredito; don Fernando de Deus, chantre; don Afonso Gomes, arçidiago de Deça; don Garçia Dias, arçidiago de Sarrea; don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Deçon; don Vaasco Dias, iuys; Lopo Domingues, thesoreyro; Iohan Ferrnandes, Iohan Dias, Tomas Gomes, Rodrigo Afonso, Gonçalvo Yanes, coengos. Et por mayor firmidue nos, lo dayan, et cabidoo mandamos seelar esta carta de noso seello pendente para o dito Vaasco Fernandes.

Et eu Fernando Garçia, notario sobredito, a esto que sobredito he presente fuy et a rogo das partes sobreditas esta carta en minna presença fis escrivir et puge y meu sinal en testemoyo de verdade.