GMH/ÍNDICE A-Z

1242
1477, xaneiro, 17. Lugo
Xoán Fernández, clérigo do coro, véndelles a Fernando de Trasmonte e a Afonso de Malle media casa na rúa Nova por 7.000 pares de brancas.

MADRID, AHN, Carp. 1333 C/17 (bis 2), perg. orix., galego, cortesá, 280 x 195 mm.

Sabean todos quantos esta carta viren como eu Johan Fernandes, clerigo do coro da iglesia de Lugo et notario et clerigo da iglesia de San Viçenço de Pias, que presente estou, por rason que eu conprey a Elvyra Nunes, muller que fuy de Johan Ares, peliteiro, defunto cuja alma Deus (sic), toda a sua meetade que lle a ela avia et perteesçia de toda a casa de Rua Noba con sua meetade da orta et poço et con suas entradas et seydas et jures et pertenenças et dereituras et agoas vertes et estantes do çeo a a terra, a qual he sita en a rua Noba et de huna parte et yllarga esta outra casa que foy et ficou de Vaasco Lourenço, que Deus aja, et de outra parte et ylarga esta outra casa que eso meesmo ficou do dito Vaasco Lourenço, et a qual dita casa he sita sub o signo da Capella de Sant Marco da dita çibdade, et por preço et contia de sete mill pares de brancas, por ende eu o dito Johan Fernandes, clerigo, de mina propia et agradable voontade et sen outra premea, nen engano, nen endusimento algun por lo thenor da presente conosco et outorgo que retorno et vendo a vos, Fernando de Trasmonte et Afonso de Malle, peliteiros, vesinos et moradores en a dita çibdade de Lugo, que presentes estades, et a Tereyja Fernandes, muller de vos, o dito Fernando de Trasmonte, et a Mayor Ares, muller de vos, o dito Afonso de Malle, que sodes absentes, et a todas vosas voses por jur de erdade para senpre jamays, toda a dita meetade da dita casa con sua orta et poço et entradas et seydas et pertenenças et, segundo et en a maneira que a eu conpley a a dita Elvyra Nunes et por lo dito preçio et contia dos ditos septe mill pares de brancas de que me logo fesestes pagua en dineiros feitos et ouro et plata que os montaron, dos quaes me dou et outorgo por entrego et ben pago, por quanto os de vos oybe et reçebi et do voso poder a o meu pasaron, en presençia do notario et testigos desta carta, et desde oje dia da feita desta carta me parto et demito et quito et amobo da dita meetade da dita casa, orta et poço et do jur et posison et propiedade et dereito et vos et abçon que a ella avia et me perteesçia por vertude da dita conpla, que vos logo entrego, et pasou por lo notario juso escripto, et o pono et çedo, demito et traspaso para senpre jamays en vos, os ditos Fernan de Trasmonte et Afonso de Malle, et en as ditas vosas mulleres et en todas vosas voses et erdeyros et subçesores para que sen enbargo et contradiçon de min, nen de meus herdeyros et subçesores, nen de outro, nen de outros por min nen por elles, posades faser et fagades da dita meetade da dita casa et orta et poço o que queserdes et por ben teberdes como de vosa cousa propia; et obligo a min et a meus bees et de meus erdeiros que nunca vos seia demandada en juyso nen fora del, et se se o contrario feser et se tentar que non valla, nen eu, nen elles, nen outro nen outros por min, nen por elles non sejamos oydos nen reçebidos en juyso nen fora del, et que por ese meesmo feito vos sejan pagas as custas et dapnos que sobrelo se vos requeçeren, sobre lo qual renuçio et parto de min et de meus erdeiros et de outro ou outros por min et en meu nome et delles todas las leys et dereitos que en contrario desto se podesen alegar para que se non aleguen, et caso que se tente faser que nos non valla, nen sejamos oydos, nen reçibidos en juyso nen fora del [...] mayor oy menor, et a ley que dis que general renunçiaçion non valla.

Et nos, os ditos Fernan de Trasmonte et Alvaro de Malle, que presentes estamos, asy reçebemos [...] fasedes et outorgades segundo d’arriba se conten. Et eu, o dito Johan Fernandes, asy vos lo faço et outorgo, et porque seja çerto outorgovos delo esta carta de retorno et vençon forte et firme, ou mays quantas conpren a vista de letrados, por ante o notario et testigos de juso escriptos.

Que foy feyta et outorgada en a dita çibdade de Lugo, a des et septe dias do mes de janeyro, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et seteenta et septe anos.

Testigos que foron presentes chamados et rogados: Pedro de Remian, peliteyro; et Alvaro Gomes de Lea; et Roy de Benade, selleyro, vesinos et moradores en a dita çibdade de Lugo; et Pedro Claro, et Pedro Ares de Rimol, escudeyros.

Et eu Affonso Fernandes de Agrello, escrivano et notario publico de noso senor el Rey en a sua Corte et en todos los seus reynos et senorios et notario publico da dita çibdade et obispado de Lugo por la abtoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que dito he en un con os ditos testigos presente foy et esta carta, segundo que por min pasou et foy outorgada por lo dito Juan Ferrnandes, clerigo, a scrivi, et por rogo et pedimento dos ditos Fernando de Trasmonte et Alvaro de Malle aqui puje en ella meus signo et nome en testimoyo de verdade (signo).