GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

326
1335, abril, 3

Afonso Eanes, racioneiro, executor do testamento de María Eanes, pídelle ao vigairo do bispo, don Pedro Ruiz, arcediago de Dozón, que autorice o traslado.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 15r, traslado polo notario Rui Fernández: 1337-V-24; Libros, lib. 6289 con referencia ao Lib. A, fol. 15.

Era de mill et CCC LXXta et çinquo annos, XXta IIIIº dias de mayo. Estando ante don Pedro Roys, archidiago de Deçon, et vigario geeral do moyto onrrado padre et sennor don Iohan, por la gracia de Deus obispo de Lugo, en presença de min Ruy Fernandes, notario publico de Lugo, et das testemoyas subscriptas, Affonso Eanes, raçoeyro de Lugo, exsecutor do testamento de Maria Eanes, muller d’Affonso Peres Merchan que foy, mostrou et feço leer ante o dito vigario huna carta de hun testamento da dita Maria Eanes, escripta en pulgameo et signada de signal d’Aras Peres, notario de Lugo, segundo por el pareçia, a qual carta de testamento se començava asy: «Enno nome de Deus amen. Sabeam quantos esta carta viren commo eu Maria Eanes, muller d’Affonso Peres dito Merchan, que Deus perdoe, iaçendo doente et temendome de morte pero con todo meu sisso et entendemento comprido qual mo Deus mellor quiso dar das minnas cousas asy ordino et faço meu testamento que seia valioso despoys de minna morte. Primeyramente mando mina alma a Deus et a Sancta Maria sua madre, et o meu corpo sepultar a a beyra de Sancta Maria». Enno qual testamento entre las outras cousas se contina esta clausula que se segue: «Item mando todo o herdamento que aio en Montedoo a Affonso Eanes, raçoeyro, et a Maria Domingues, minna sobrina, que o tennan et aian por en todos seus dias, et a seu finamento que o dito herdamento fique livre et quito a a iglesia de Sancta Maria de Lugo, et os coengos et pessoas da iglesia de Lugo que me façan cada anno aniverssario en outro dia de Sancto Estevoo por mina alma et de Affonso Peres, meu marido, et façan proçisson este dia a a onrra de Sancto Estevoo, que Sancto Estevoo rogue por nos a Deus que nos perdoe». Et o dito testamento fiiçiase asy: «Et que esto seia çerto rogey a Aras Peres, notario publico de Lugo, que feçesse ende esta carta de testamento. Que foy feyta tres dias d’abril, era de mill et CCCos LXXIII annos. Testemoyas que foron presentes: Domingo Peres, beyneyro; Pero de Santa Ougea, correeyro; Fernan Martines et Iohan Martines de Çella: et Françisco Peres, Pay Martines, correeyros, moradores en Lugo; et Fernan Domingues, criado de Maria Eanes sobredita ts., et outros.

Et eu Aras Peres, notario publico de Lugo, dado por lo bispo desse miismo lugar a esto foy presente, et a rogo de Maria Eanes sobredita esta carta de testamento en mina presença fis escrivir, et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade». O qual testamento et clausula que se en el continna leuda Affonso Eanes sobredito pediu a o sobredito vigario que mandasse et desse auctoridade a min notario que tornasse a dita clausula en publica forma et a posesse no livro do cabidoo. Et o dito vigario tomou o dito testamento en suas maos et examinouho ben et diligentemente et achouo sen sospeyta, et deu a min, notario sobredito, auctoridade et poder que trasladasse a clausula sobredita en publica forma, et a posesse con meu signal no livro do cabidoo, por que valuese et podese façer fe du pareçese tan ben commo no dito testamento. Et Affonso Eanes, raçoeyro sobredito, diso et protestou que por quanto don Fernan de Deus, chantre de Lugo, façia diçer cada anno en dia de Sancto Estevoo hun aniverssario que salvo ficasse a dita Maria Eanes para llo façeren diçer cada anno o dito aniverssario en dia de Sancto Estevoo ou aquel dia que entendesen que mays conprise et fose proveyto de sua alma. Feyto foy esto era et dia sobreditos. Testemoyas: don Aras Pellaes, thesoreyro; Iohan Fernandes, raçoeyro de Lugo; Affonso Eanes, clerigo do sobredito thesoreyro; Affonso Aras, Iohan Sanches, et Lopo Peres, ome do dito thesoreyro ts.

Et eu Ruy Fernandes, notario sobredito, dado por la auctoridade do bispo desse miismo lugar a esto commo dito he presente foy et vi a dita clausula enno dito testamento et a rogo et a pidimento do sobredito Affonso Eanes et por mandado et auctoriade do sobredito vigario esta clausula con estas que ditas son escrivi en este livro do cabidoo et puge y meu signal en testemoyo de verdade.