GMH/ÍNDICE A-Z

702
1369, abril, 13. Lugo
O bispo e o Cabido de Lugo outórganlles a Rui López e á súa muller o Couto Novo e o de San Xulián de Caborrecelle, e reciben a cambio o de Mougán, do cal os beneficiarios reservan para si o usufruto.
MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 97r e v.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos don frey Pedro Lopes da orden dos preegadores por la gracia de Deus et da Santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, con outorgamento de don Ruy Fernandes, dayan, et cabidoo da nossa iglesia et seendo iuntados en cabidoo por campaa taniuda, segundo que o avemos de uso et de custume, ennas casas de nos o dito sennor obispo, da huna parte, et Ruy Lopes [...] et minna muller, dona Thereyia, filla de Gonçalvo Osores de Orsillon, cavalleyro, et de Lionor Gonçalves, sua muller, que foron, da outra parte, fasemos entre nos tal enprasamento et pleito et pustura: conven a saber que nos, o dito sennor obispo, de consello et outorgamento do dito dayan et cabidoo damos et outorgamos a vos, o dito Ruy Lopes ,et donna Thereyia, vossa muller, que aiades et possuyades et levedes por nos et por nossa iglesia et por nossos subsessores todo o nosso Couto Novo con o Couto de Sant Iullao de Reçelle que son por todo quatorse fiigregias nossas et da dita nossa iglesia, con todas suas rendas et foros et dereyturas et iurdison çivil et criminal, et padroadigos et apresentaçoes de iglesias, et iur de apresentar que nos et nossa iglesia avemos et nos perteeçe d’aver enno dito Couto Novo et fiigregias del, et enno dito Couto de Sant Iullao de Reçelle en qualquer maneira, et con todas las herdades de Vilar de Infançoes et da fiigregia de Çelle et de Sant Mamede de Lousada, et de Lousada, et da fiigregia de Pineiras, et de Villamao et do Couto de Sant Iullao [...] que nos et nossa iglesia y avemos por qualquer rason et [...] con sua pousa et herdades que nos y avemos con Vaasco Peres de Rodeyro, et por Ruy Ferrnandes, fillo de Fernan Peres de Rodeyro, et por outra rason qualquer, et a herdade que nos avemos en San Fiis de Roças, que ten Gil Gomes en foro de nos, con condiçion que lle seia guardado o foro que delas ten, et todas las outras herdades que nos et nossa iglesia avemos en qualquer maneyra enno dito Couto Novo et en seu termino, salvo as herdades de regaengo de Ferroe que nos demos para possisson et comprimento das proçissoes que mandamos faser enna dita nossa iglesia, o qual regaengo fique para as ditas proçissoes con as herdades que se ora usan et tragen por las ditas proçissoes et foron aiuntadas para ello. Et vos, os ditos Ruy Lopes et donna Thereyia, et vossos fillos que ouverdes huuns de outros, segundo dito he, avedes de seer vasallos serventes et obedientes a nos et a nossa iglesia, et a nossos subçessores et defenderdes os ditos coutos Novo et de Sant Iullao de Reçelle et os moradores delles a todo vosso poder et faserdes lavrar et parar ben as herdades que nos et nossa iglesia y avemos, et tirar las que iasen en monte et enalleadas a todo vosso poder, et faserdes morar as casas delas et manteerlas en boo estado, et que los que lavraren as ditas herdades an de seer defessos et anparados das monas et peytas segundo os outros que lavran as herdades da dita nossa iglesia; et outrossy se vos ou algunos de vosos fillos quiserdes faser casa forte ennos ditos coutos Novo et de San Iullao de Reçelle, ou en alguna das fiigregias delles, que a façades et tenades et possuyades con os ditos coutos, con tal condiçon que ante que lle façades peytoril et amenas, ou outro defendemento por que se possa defender por çerca, que venades faser menagem por ela a nos, ou a nosso subçessor que for a a sason, et que a tenades por nos et por la dita nossa iglesia, et façades dela guerra et pas por noso mandado et de nossa iglesia, et nos nen nosos subçessores que vos non desapoderemos dela en quanto durar o dito enprasamento, et acaesçendo que noso comendeiro, ou noso alguasil, et de nosos subçesores que aia mester voso defendemento para se coller ena dita casa por medo de alguns [...] que vos que os reçebades enna dita cassa a voso salvo, et os defendades en quanto poderdes; et demays que vos non ponamos comendeyro, nen mayordomo, nen outro ofiçial de iustiça ennos ditos coutos Novo et de Sant Iullao de Reçelle, nen ande y por nos nen por nossa iglesia en quanto durar o dito enprasamento, segundo dito he, salvo que usedes et façades dar as escripturas o notario et notarios que y son et foren postos por nos et por nossa iglesia, et que vos et os moradores dos ditos coutos venades et obedescades et demandedes et siguades vossos pleitos, et foros, et dereytos quando y contesçeren contendas por ante os nossos iuyses et da nossa iglesia et segundo que se usou et acostumou ata aqui; et por ventura se vos, os ditos Ruy Lopes ou donna Thereyia, ou vosos fillos et fillas, ou algun delles mingoardes a iustiça çivil ou criminal non querendo comprirdes, que fordes frontados et requeridos que a cumplades, que nos et nossa iglesia et nosos ofiçiales de iustiça que o posamos faser et cumprir ut ha vos mingoardes; et otrossy se nos ou nosos subçesores ouvermos mester aiuda de vos, o dito Ruy Lopes, ou de vossos fillos que foren para ello que aian de teer os ditos coutos por lo dito enprasamento, que vaades connosco et nos servades aqui en esta terra de Gallisa et nos que vos façamos manteemento guissado segundo fasermos a os outros que connosco esteveren et nos serviren, et se por ventura nos ouvermos mester venyades connosco a fronteyra ou fora do regno de Gallisa que seiamos tiudos de vos poermos terra et dar soldo, segundo que devemos a dar a home fillodalgo tal commo vos et do linagen do que sodes, et non avedes de reçeber [...] que faça mal nen nolo a nos nen a nossa iglesia nen a nossos subçesores. Et nos, o dito sennor obispo, et nosos subçessores non avemos de aver vasallos foreyros que lavren con boys nen tomarlos ennos ditos coutos nen en cada hun delles en quanto durar este enprazamento.

Et nos, os ditos Ruy Lopes et donna Thereyia, por nos et por nossos herdeyros, por este enprazamento et ben et merçee que nos vos, o dito sennor obispo, con outorgamento do dito dayan et cabidoo fasedes, damos a vos, o dito sennor obispo, et a vossa iglesia por iur de herdade para senpre et por nossa alma et d’aqueles de que o ouvermos et gaanarmos, o nosso Couto de Mougae con todos los cassares et herdamentos et casas et iures et pastos et rendas et foros et dereyturas et sennorio et iurdiçon çivil et criminal alta et bayxa que nos avemos et nos perteeçe d’aver, et a cada hun de nos, enno dito Couto de Mougae de compras et de gaanças et de avoengo et de patrimonio et d’outra maneira qualquer et por qual rason quer, et poemos logo a vos, o dito sennor obispo, et a vossa iglesia enno iur et possisson et propiedade do dito Couto et rendas et dereyturas del, et tiramos ende a nos et a nossa vos et d’aqui endeante conosçemos et outorgamos que o possuymos et usamos por vos por vos (sic), o dito sennor obispo, et por vossa iglesia poscrito precario, con tal condiçon que nos, os ditos Ruy Lopes et donna Thereyia, et nossos fillos et fillas d’anbos et dous denssuun, que tenamos et usemos et posuyamos en nossa vida por vos et por vossa iglesia o dito Couto Novo et de Sant Iullao de Reçelle, et con todas las cousas et dereyturas sobreditas et cada huna delas, et a morte de nos, os sobreditos Ruy Lopes et donna Thereyia et do postrimeyro fillo ou filla, que despoies de nos ou de cada hun de nos ficar, que seia d’anbos et dous dessuun, segundo dito he, os ditos Couto Novo et de Sant Iullao de Reçelle et de Mougae et igregiarios et padroadigos et iures et dereyturas deles et de qualquer delles, et a dita casa forte et as herdades et casas delles an de ficar livres et quitas et desenbargadas a a dita iglesia de Lugo con todos los boos paramentos que en eles foren feytos, et con as herdades ben lavradas et as casas feytas et en boo paramento, et con hun boy et huna vaca de provo en cada casal dos ditos coutos, et se por ventura nos, os ditos Ruy Lopes et donna Thereyia, et nossos fillos, ou cada hun de nos ou delles, comprarmos ou gaanarmos herdades ou casas, iglesiarias ou leygarias, enos ditos coutos et en cada hun delles que as tenamos et possuyamos en nossa vida et de cada hun de nos, et a finamento do postrimeyro de nos et do nosso fillo ou filla d’anbos que fiquen livres et quitas et desebargadas a vos, o dito sennor obispo, et a vossa iglesia con os ditos coutos et herdades delles, et esse meesmo se vos, o dito sennor obispo, ou vosos subçessores comprardes ou gaanardes enos ditos coutos, ou en cada hun deles, herdades ou possissoes igregiarias ou leygarias, que nos os ditos, Ruy Lopes et donna Thereyia, et nosos fillos et fillas d’anbos et dous conssun que as tennamos et possuyamos et levemos o uso et fruyto delas en toda nossa vida, et a finamento do postrimeyro de nos et do nosso fillo ou filla que fiquen livres et quitas et desenbargadas a vos, o dito sennor obispo, et a vossa iglesia con os ditos coutos et herdades delles.

Et nos, o dito sennor obispo, con outorgamento do dito dayan et cabidoo, assy reçebemos de vos, os ditos Ruy Lopes et donna Thereyia, o dito couto de Mougae con suas herdades et rendas et dereyturas et iures, para nos et para a dita nossa iglesia, segundo que nos lo dades enna maneira que dita he, et outorgamosvos todo esto que sobredito he que vos damos que o tenades et possuyades et aiades enna maneyra sobredita.

Et nos, os ditos Ruy Lopes et donna Thereyia, por nos et por nosos fillos d’anbos et dous, assy reçebemos et outorgamos todo esto que sobredito he, et obligamos nos et nossos bees, movilles et rayses, gaanados et por gaanar, de o comprirmos et guardarmos et de non yrmos nen passarmos contra elo en algun tempo por nos nen por outro en juyso nen fora del.

Et nos, o dito sennor obispo, con outorgamento do dito dayan et cabidoo, assy o outorgamos et obligamos os bees da dita nossa iglesia para o comprirmos et guardarmos todo assy enna maneyra sobredita et de o non revogarmos, nen nossos subçessores, nen yrmos nen passarmos contra elo en algun tempo. Et demays qualquer de nos as ditas partes que contra elo quiser yr ou passar que peyte de penna a a outra parte que o comprirdes mill maravedies desta moneda usual, et a dita penna pagada que o dito enprazamento et contrato et todas las cousas en el contiudas fiquen firmes et valiosas para senpre.

Et que esto seia çerto nos as ditas partes rogamos et mandamos a Fernan Arias, coengo, et a Arias Peres, raçoeyro, et notarios publicos de Lugo, que fesesen desto duas cartas en hun tennor, huna para vos, o dito sennor obispo, et cabidoo et outra para nos, os ditos Ruy Lopes et donna Thereyia.

Que foron feytas en Lugo, trese dias de abril, era de mill et quatroçentos et sete annos.

Testemoyas: don Ruy Fernandes, dayan; don Iohan Dias, chantre; don Pedro Arias, arçidiago de Neyra; don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Sarrea; don Alvar Rodrigues, arçidiago de Deçon; don Rodrigo Affonso, arçidiago de Triacastela; don Diego Gomes, thesoreyro; Gonçalvo Eanes, coengo; Arias Ferrnandes, raçoeyro; Alvar Lopes, clerigo da iglesia de Lugo; Vaasco Peres, Arias Vasques, fillos de Vasco Fernandes de Mera; Arias Affonso, monge de Ferreyra; Gil Gomes de Lavallos, Gil Fernandes de Sonnar, Pedro Arias de Crunna, Andreu Arias de Vigo, Iohan Gonçalves, Affonso Rodrigues, Vaasco Gil, Lopo de Seron, omes do dito Ruy Lopes; Ruy Garçia de Saavedra.

Et eu Arias Peres, raçoeyro et notario publico de Lugo dado por lo dito sennor obispo, a esto que dito he con o dito Fernando Arias, coengo et notario sobredito, et con as ditas testemoyas presente fuy et a rogo das ditas partes esta carta en minna presença fis scrivir et puge y meu nome et signal en testemoyo de verdade.

Materias

mesa bispal; alguacil; arcediago; audiencia diocesana; beneficio; bieito; boi; cabido; campá; canon foral; casas; cesión; chantre; cóengo; construción; couto; crego; criado; desembargo; dignidades; doazón; encomendeiro; esposa; esposo; estivada; familia; fidalgo; filla; fillo; fisco; fortaleza; freguesía; gando; guerra; labores; licenza; marabedí; mesa capitular; monxe; mordomo; mosteiro; muller; muralla; nai; notaría; notario; notario; obrigación; orde de San Bieito; padroádego; pai; pazo; permuta; pousa; preitohomenaxe; presentación; privilexio; procesión; racioneiro; reguengo; requirimento; señorío; sogra; sogro; tesoureiro; tributos; vaca; vasalo; viaxe; violencia; xenealoxía; xenro; xornal; xurisdición; bispo

Persoas

Afonso Rodríguez, home de Roi López; Álvaro López, crego do coro de Lugo; Álvaro Rodríguez, arcediago de Dozón; André Ares de Vigo, home de Roi López; Ares Afonso, monxe; Ares Fernández, racioneiro de Lugo; Ares Pérez, racioneiro de Lugo; Ares Vázquez de Mera, fidalgo; Diego Gómez, tesoureiro de Lugo; Dona Tareixa; Fernando Ares, cóengo de Lugo; Fernando Pérez de Rodeiro, fidalgo; Gonzalo Eanes, cóengo de Lugo; Gonzalo Ozores de Orcellón; Leonor González; Lopo de Serón, home de Roi López; Pedro Ares da Coruña, home de Roi López; Pedro Ares, arcediago de Neira; Roi Afonso, arcediago de Triacastela; Roi Fernández de Rodeiro, fidalgo; Roi Fernández, deán de Lugo; Roi López; Vasco Fernández de Mera, fidalgo; Vasco Pérez de Mera, fidalgo; Vasco Pérez de Rodeiro, fidalgo; Vasco Rodríguez, arcediago de Sarria; Vasco Xil, home de Roi López; Xil Fernández de Soñar, home de Roi López; Xil Gómez; Xil Gómez de Lavallos, home de Roi López; Xoán Díaz, chantre de Lugo; Xoán González, home de Roi López; Pedro López de Aguiar, bispo de Lugo

Outros

Galicia, reino; Galicia, reino; Lugo, cabido; Santa María de Ferreira de Pantón, mosteiro; Lugo, bispado

Lugares

Caborrecelle, San Xulián; Cela, Santa María; Coruña, A; Dozón, arcediagado; Ferreira de Pallares, Santa María; Ferroi, Santa María; Ferroi, Santiago; Fiz de Rozas, San Lourenzo; Lavallos; Lousada, San Mamede; Lousada, Santiago, mosteiro; Lugo; Mera, San Pedro; Mougán, Santa María Madanela; Neira, antiga xurisdición e arcediagado; Piñeiras, San Mamede; Rodeiro, antiga xurisdición; Roma; Saavedra, Santa María; Sarria; Soñar, San Pedro; Triacastela; Vigo; Vilar de Infanzós; Vilarmao