GMH/ÍNDICE A-Z

446
1389, xaneiro, 3
compromiso

Domingo Iáñez, dito de Aranga, que por causa da pasada guerra ermara as herdades do casal de Meaba, aforado da capela de Santa Eufemia, comprométese a prantalas e labralas e a pagar o foro de 15 libras.

ACOu, Clérigos do Coro, 103

Sabean todos que en presença de min Fernan Gonçalves notario pubrico da çidade d’Ourense porlo bispo e porla igleia desse lugar e das tests. adeante escriptas, estando enna dita çidade d’Ourense, presentes y Domingo Anes dito d’Aranga morador en Miava e Fernan Rodrigues capelan da capela de Santa Ouffemea, o dito Domingo Anes disso ao dito Fernan Rodrigues que por razon que el tiiña aforado da dita capela de Santa Ouffemea o casar de Miava que he da dita capela con suas herdades e casas e arvores e cortiñas segundo que as el tiiña aforadas da dita capela, et por que as ditas herdades pereçeran e estavan ermas e danyficadas por sua culpa e nygligençia, et outrosy por razon das gerras que foron entre os reynos de Castela e de Portugal, et por estas razoens e por cadauna delas que non podera ata aqui lavrar nen parar ben o dito lugar e herdades del segundo que se obrigara, et por ende disso que obrigava todos seus beens gaañados e por gaañar para chantar e entrechantar as viñas do dito lugar e as lavrar e parar ben con as outras herdades do dito lugar daqui endeante em tal maneira que no[n] defaleçesen por mingoa de lavor e de boon paramento daqui ata quatro annos primeiros que veen e des los ditos quatro annos endeante, et pagar de cada anno por dia de San Martiño de novenbro aa dita capela quinse libras de diñeiros brancos. Et non conprindo nen aguardando esto que dito he o dito Domingo Anes deu todo seu livre e conprido poder ao dito Fernan Rodrigues que sen pena alguna podesse tomar e entrar e reçeber o dito lugar e herdades del para a dita capela. Et o dito Domingo Anes disso que para manteer e lavrar o dito lugar e pagar o dito foro que obrigava todos seus beens gaañados e por gaañar segundo (...) obrigados, et demais para o asy conprir deu consigo fiadores a Martin Anes seu yrmao morador en Mugares e Gonçalvo Lourenço morador enna çidade d’Ourense enna rua do Canpo. Et nos os ditos fiadores que somos presentes asy outorgamos (...) obrigamos a ela todos nosos beens gaañados e por gaañar. Esto foy en Ourense, tres dias do mes de janeiro do anno do naçemento do noso señor Jhesu Cristo de mill e tresentos e oyteenta e nove annos. Tests. (...) de Canposso e Pero Anes escripvan e Fernan Pardin moradores en Ourense.

Et eu Fernan Gonçalves notario sobre dito que a esto presente foy e o escripvi e meu nome e signal y puge que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta da casa de Meava.