GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro do Concello de Santiago

77

1418, abril, 2.
Afonso de Vilamayor, mercador, declara ter recibido 720 maravedís, para pagar ó escudeiro do Adiantado Maior de Galicia en concepto do xantar.
Os alcaldes de Santiago, ordenan a Domingo Lopo, que pregoe a orde do arcebispo prohibindo a labra da prata de día, non sendo na praza dos Oulives.

Dous dias do mes de abril. Sabean quantos esta carta viren como eu Afonso de Vilamayor, mercador, vesiño da çidade de Santiago connosco et outorgo que reçebi de vos Pero Leiteiro, procurador do dito conçello da dita çidade septeçentos et viinte moravedis, contando blanqua a tres dineiros, os quaes ditos moravedis me dades et eu reçebo de vos enna moeda sobredita, en presença do notario et testemoyas adeante escritas. E os quaes ditos moravedis me obligo de dar et pagar a Nuno Gonçales de Vilariño, escudeiro do Endeantado de Galiza que os ha de aver este anno da feita desta carta por rason do jantar que noso señor el rey ha en cada ũu anno enna dita çidade o qual dito jantar o dito Endeantado ten por merçed do dito señor rey et o dito Nuno Gonçales ten eso mesmo del en prestamo en cada ũu anno et obligo a min mesmo et a todos meus bẽes de vos dar carta de pago do dito Nuno Gonçales ou de aquel que o ouver de aver por el dos ditos moravedis por maneira que o dito conçello seja quito do dito jantar deste dito anno et non vos dando o dito alvala que torne ao dito conçello ou a vos en seu nome os ditos moravedis que así de vos reçebi segundo dito he para o qual asi cunplir et a gardar segundo et enna maneira que dito he obligo a elo a min mesmo et a todos meus bẽes moveles et raises avidos et por aver et so pena do dobro da dita contia que me obligo pagar por pena se o así non cunplir. Et eu o dito Pero Leiteiro que presente so en nome do dito conçello asi o reçebo; feita enna dita çidade, anno, dia et mes susoditos. Testemoyas que a esto foron presentes Gomes Rodriges, bachiller en Decretos et Ares Chantreiro et Vaasco Peres Abril, vesiños da dita çidade //.
(Fol. 39 vº)

Sabado dous dias do mes de abril este dito dia Juan Ares da Cana e Martin Galos, alcalles enna çidade de Santiago mandaron a Domingo Longo, servente e pregoeiro do conçello da dita çidade que presente estava que altas voses e con anafil tangido pregoase por las portas e mercados da dita çidade estas cousas que se sigen: Oyde, que manda noso señor o arçobispo que non seja nihũu ousado de lavrar plata de dia en esta çidade de Santiago salvo ennas tendas da plaça dos oulives e qualquer que o contrario feser que page por cada ves seisçentos maravedis para a camara do dito señor arçobispo.
Outrosi quaesquer que tẽe tendas enna dita porta e portal dos Oulives que as non posan tẽer çarradas salvo dous dias santos a par e qualquer que a tever çarrada mais que dous dias enna semana continuus que perga o dereito que ouver enna tenda e o dito señor proveera de la a que for sua merçed.
Outrosi que non seja nihũu ousado de dar a comer galiña nen capon nen outra ave en voda nen batisteiro nen recolleita de casa nen en mortuoros nen en misa nova nen Avangeo nen Pistola e qualquer que feser o contrario, asi aquel que a der como aquel que a comer que page por cada ves que en elo encorrer seisçentos morabitinos e desto que seja a terça parte para o acusador e as duas terças partes para os muros do conçello da çidade. E logo o dito Domingo Longo por mandado dos ditos alcalles pregoou altas voses as cousas susoditas en Quintaa de Paaços, plaça publica da dita çidade en presença de min Ruy Martines, notario publico jurado da dita çidade e das testemoyas adeante scriptas e diso que asy o pregoaria publicamente por las outras plaças da dita çidade. Testemoyas que a esto foron presentes Gomes Rodriges bachiller en Decretos e Ares Chantreiro e Vasco Peres Abril, vesiños da dita çidade.
Iten despois desto en este dito dia en presença de min o dito Rui Martines, notario e das testemoyas adeante escriptas paraesçeu o dito Domingo Longo {e diso}23 dou fe a mi o dito notario que el pregoara publicamente todas las cousas suso escriptas por las outras plaças da dita çidade e lugares acostumados. Testemoyas que a esto foron presentes: Juan Piqa, moordomo da dita çidade e Fernan Bieytes, servente do dito conçello e Fernan Montesiño, escrivan.
 
23 Borrado o contido entre corchetes.
 

Materias

Adiantado de Galicia; Adiantado de Galicia; albará; albará; alimentos; alimentos; banquete; banquete; bautismo; bautismo; branca; branca; cámara arcebispal; cámara arcebispal; capón; capón; carta; carta; comercio; comercio; crego; crego; débeda; débeda; diñeiros; diñeiros; fisco; fisco; galiña; galiña; misa; misa; muralla; muralla; obrigación; obrigación; orde relixiosa; orde relixiosa; ourive; ourive; pagamento; pagamento; pena; pena; prata; prata; pregón; pregón; publicación; publicación; rei; rei; servente; servente; tenda; tenda; tributo; tributo; voda; voda; xantar; xantar; xurisdición; xurisdición; Marabedí; Marabedí

Persoas

Ares Chantreiro; Ares Chantreiro; Domingos Longo, pregoeiro; Domingos Longo, pregoeiro; Fernando Montesiño, escribán; Fernando Montesiño, escribán; Gómez Rodríguez, bacharel en decretos; Gómez Rodríguez, bacharel en decretos; Lope de Mendoza, arcebispo de Santiago de Compostela; Lope de Mendoza, arcebispo de Santiago de Compostela; Martiño Galos, alcalde de Santiago de Compostela; Martiño Galos, alcalde de Santiago de Compostela; Nuño González de Vilariño, escudeiro; Nuño González de Vilariño, escudeiro; Pedro Leiteiro, procurador do concello Santiago de Compostela; Pedro Leiteiro, procurador do concello Santiago de Compostela; Roi Martínez de Carballido, notario público; Roi Martínez de Carballido, notario público; Vasco Pérez Abril; Vasco Pérez Abril; Xoán Ares da Cana, alcalde de Santiago de Compostela; Xoán Ares da Cana, alcalde de Santiago de Compostela; Xoán Pica, mordomo do concello de Santiago de Compostela; Xoán Pica, mordomo do concello de Santiago de Compostela; Afonso de Vilamaior, mercador; Afonso de Vilamaior, mercador

Outros

Santiago, arcebispo; Santiago, arcebispo; Santiago de Compostela, concello; Santiago de Compostela, concello

Lugares

Galicia; Santiago de Compostela