GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

120
1316, xullo, 31
venda

Xoán Xes véndelles a Martiño Iáñez, xuíz de Aguiar, e á sua muller, María Iáñez, as catro quintas partes dos 140 soldos anuais que lle había de dar Pedro Miguélez pola herdade de Lagocios, por 1600 soldos de moeda portuguesa.



ACOu, Escrituras X, 6

Enno nome de deus amen. Sabeam quantos esta carta viren que eu Johan Gees, fillo de Maria Affonso e de Fernan Meendez que foron da Miranda, por min e por toda myna voz vendo e outorgo a Martin Eanes juyz d’Agiar e a Maria Eanes sua moller moradores en Sabadelle e a toda vosa voz para senpre os çento e quareenta soldos de qual moeda correr, minos a quinta delles que a min a de dar cada anno para senpre Pero Migues e sua moller Marina Martines dita Branca, moradores en Lagoços, do herdamento que lle eu e a dita myna madre afforamos en o dito termio de Lagoços por huna carta feyta por notario, salvo ende a quinta dos ditos diñeiros que a sobre dita myna madre mandou a Marina Branca sua sobrina. Vendo aos ditos Martin Eanes e Maria Eanes os sobre ditos çento e quareenta soldos minos a dita quinta parte delles, que elles e toda sua voz os aian e pessuyan en jur de herdade para senpre livres e quites de todo outro enbargo assy que façan delles toda sua voentade livremente e o que lles aprouver. Ca outorgo que reçebi dos ditos Martin Eanes e Maria Eanes en presença do notario e testemoyas su escriptas todo o preço que a min e a elles por esto aprouvo, conven a saber mill e seysçentos soldos da moeda portuguesa contado quatro diñeiros por tres soldos. Et se esta vendiçon agora mays val ou valuer en alguun tenpo, aquella mayoria dou e outorgo a elles en doaçon por moyto amor e ajuda que delles reçebi, que val mays ca esto. Et logo todo jur, voz, señorio, possison, propiadade e dereito que eu ey ennos ditos çento e quareenta soldos minos a quinta todo o tollo de min e de toda mina voz e meto e poño elles e toda sua voz en corporal possisson delles para senpre por esta carta. Et outorgo a anparar elles e toda sua voz senpre a dereito con esta vendiçon por min e por todos meus beens gaañados e por gaañar. Et quen quer que contra esta carta veer aia a yra de deus e a myna maldiçon e quanto demandar peyteo a elles e a sua voz dobrado e aa voz del rey peyte por pena çinqoeenta mor. da boa moeda e esta carta fique firme e valla para senpre. Feyta a carta en Ourense pustrimeiro dia de jullo, era de mill e cccª e lª e quatro annos. Testimoyas Domingo Eanes notario d’Ourense, Fernando Eanes dito Dandello, Bernal Peres mercador de Santiago, Martin Cavellos maordomo de donna Elvyra, Gonçalvo Peres, meestre Estevoon Fernandes.

Et eu Affonso Eanes notario jurado en Ourense pola ygleia desse lugar que a esto presente foy e en myna presença o fige escrivir e meu sinal y puge en testimoyo de verdade.

(sinal)

[reverso] Cartas do herdamento de Lagoços.