GMH/ÍNDICE A-Z

185

abril, 9

Os xuíces mandan a Lopo Ferreiro reparar unha “marra” que xa lle reparara a Gómez Afonso de Cerreda e volvera romper con pouco uso. (fols. 59v-60)

Feito e dado.Gomes Afonso de Çereda.

En este día e por estas tests. os ditos juises mandaron por sentença a Lopo Ferreiro que presente estava que doje a dose dias primeiros sigentes correjede huna marra a Gomes Afonso de Çerreda que lle avya dado, que lla correjede e a correjera e apostase segundo que con el ficara, por quanto quebrara da outra vez que a apostara, con juramento que o dito Gomes (fol. 59v)
Afonso feso que enno primeiro lavor que con ela fesera que logo quebrara aas tres ou quatro pancadas, e se o dito Lopo Ferreiro en ela mays ferro metese que o contentase del o dito Lop Gomes Afonso. Tests. que foron presentes Afonso Fernandes notario e mays os sobre ditos.