GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro de Notas de Álvaro Afonso

52

a
xaneiro, 22

Lois González das Tendas, xuíz da cidade de Ourense, require aos veciños de Seixalbo o pagamento dos atrasos debidos nese couto, que el e outros compañeiros tiñan arrendado do bispo desde 1431. (fols. 15v-16)

Et despois desto, día sesta feira, viinte e dous dias do mes de janeiro en Ourense, enna aldea de Seixalvo, presentes y Martin de Calvo juis da dita aldea, Afonso Yanes arrocheiro, Gonçalvo Chamorro e Gonçalvo Martines do Paaço, Afonso Yanes o novo, Fernando da Igleia, Joan Caldellaao, Martin Calvo, Joan Limaao, Pero Domingues o vello e Gonçalvo da Carbaleira e parte dos vesiños da dita aldea, paresçeu y Loys Gonçalves das Tendas, juis da çidade d’Ourense, e diso que pedía, frontava et requería aos ditos labradores que eran presentes, como a todos los outros labradores da dita aldea que eran ausentes, que por rason que el tevera arrendado o couto de Seixalvo ontre el e outros seus conpaneiros os annos de triinta e hun e de triinta e dous e de triinta et tres annos, por dos quaes ditos tres annos lle ( fol. 15v)
eran devidos os serviços e dereitos e dereitos dos ditos tres annos, por ende que lles pedía, frontava et requería que lle pagen os ditos serviços, senon que protestava de os dar en desconta ao dito señor obispo e que elles e seus beens fosen tiundos e obrigados de pagar por sy e por seus beens con todas las custas, perdas e dapnos que lle sobre elo recreçesen e que o pedia asy signado, et os ditos labradores diseron que o desen con sua resposta. Tests. Pero Çapateiro et Joan d’Anellos et Fernando criado de Loys Gonçalves e Joan de Velmonte.