GMH/ÍNDICE A-Z

997
1425, xaneiro, 12. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles ó racioneiro Fernando Yanes e a dúas voces unha casa con horta no Carballal, freguesía da capela de San Marcos, por renda anual de dez marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 148 r.

Saban todos como nos o dean, personas, canonigos, raçoeyros et benefiçiados da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo por campaa tangida, segundo avemos de usso et de custume, dentro en o coro da dita iglesia de consintimento do dito dean, don Juan Martines, amistrador da amistraçon do mes de agosto por lo dito cabidoo, veendo que he prol da dita amistraçon et noso, et avendo primeyramente noso consello et deliberaçon aforamos a vos Fernan Yanes das Cortinas, raçoeyro en a dita iglesia, noso moordomo, et a duas personas depus vos, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a tempo de voso finamento, et a outra qual nomear aquela que por vos for nomeada, et se non forem nomeadas que seiam aquel ou aqueles que de dereyto erdar vosos bees ou a mayor parte deles, conven a saber huna casa et con seu orto et seydo que esta en o Carvallal junto con outra casa et con hun vergel da outra parte, que son da ordem terçeyra, et huna cortina que jas a o dito Carvallal, que fere de huna parte contra a porta do seydo do Mosteyro de San Domingo que sal en o dito Carballal, et da outra parte fere contra o dito vergel; a qual dita cassa con sua orta et a dita cortina iasen sub signo de San Marco, et nos perteesçen por la dita amistraçon; a qual dita cassa con sua orta et a dita cortina vos aforamos a tal pleyto et condiçon que reparedes ben a dita casa con sua orta et labredes ben a dita cortina, et tenades todo en boo paramento en maneyra que se non pergan con mingua de boo paramento. Et dedes vos et as ditas persoas em cada hun ano de foro et penson por la dita cassa et orta et cortina des maravedis de longos de moneda corrente, segundo correr de mercador a mercador, a o dito dean et amistrador, ou a o que for amistrador da dita amistraçon, por Santa Maria d’agosto; et que a persona que suçeder en o dito foro que seia obligada do dia que suçeder en o dito foro ata triinta dias primeyros de viir mostrar et notificar a o dito dean et cabidoo en como fiqua persona del. Et a finamento da postrimeyra persona que a dita casa et orta et cortina fiquem ben labradas et reparadas, libres et quitas et desenbargadas con todos los outros boos paramentos, que en elas foren feytos, a o dito dean et cabidoo et a a dita iglesia de Lugo.

Et eu, o dito Fernando Eanes, por min et por las ditas persoas asy reçebo de vos, o dito dean, amistrador, et cabidoo o dito foro por las maneyras et condiçoes sobreditas, et obligo min et meus bees et das ditas personas de o atendermos et compriremos et pagaremos todo asy, segundo dito he. Et nos, o dito dean, et cabidoo asi vos lo outorgamos. Et porque seia çerto mandamosvos delo dar esta carta signada do notario iuso escripto et seelada con o seelo do dito cabidoo.

Que foy feyta et outorgada en a çibdade de Lugo dentro en o dito coro da dita iglesia, dose dias de janeyro, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et viinte et çinquo anos.

Testemoyas que foron presentes: o dito don Juan Martines, dean, et outorgantes (sic); et don Afonso Lopes, chantre; Lopo Dias, mestrescola; don Rodrigo Afonso, juys; don Pedro Ferrnandes, thesoreyro; Pedro Lopes, Fernando Peres, Nuno Gomes, Juan Dias, Afonso Rodrigues, Ares Afonso, bachiller, Vaasco Afonso, Fernan Vasanta, coengos; Fernando Ferrnandes, Fernan Rodrigues, Afonso Rodrigues, raçoeyros da dita iglesia, et outros.

Et eu Alvaro Ferrnandes das Camoyras, notario publico da çiudade de Lugo por lo senor Obispo de Lugo et iglesia dese lugar, a todo esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente fui et este foro aqui fis scripvir a pedimento das ditas partes et aqui puje meu nome et signal en testemoyo de verdade (signo).

Alvaro Ferrnandes, notario.