GMH/ÍNDICE A-Z

16
1433, abril, 25*

Martín de Cortiñas e a sua muller Constança Rodrigues, moradores no Barral de Ponente, no couto de Nogueira recoñecen que deben a Juan Peres, clérigo de Santa Maria de Curro, 900 mrs. que éste lles prestara. Prometen devolvelos antes do dia de San Martiño de novembro.

(ff. 7 v-8)

En XXV de abril. Sabean todos que eu Martin de Cortiñas et mĩa moller Constança Rodrigues, moradores ẽno Barral de Ponente do couto de Nogueira, que somos presentes, outorgamos et conosçemos que devemos de dar et pagar a vos Juan Peres, clerigo // de Santa Maria de Curro, que sodes presentes, noveçentos mrs. de moeda vella contando a branqua en tres dineiros, os quaes ditos noveçentos mrs. da dita moeda nos vos enprestates por nos fazer amor et graça et boa obra et os ja avemos en noso jur et poder ben et compridamente et sen mingoa algũa, et renunçiamos a lei de non numerata pecunia et a toda outra rason et exençon et lei et dereito que nunca ende digamos o contrario en juisio nen fora del et se o disermos que nos non valla. Et os quaes ditos noveçentos mrs. da dita moeda vos prometemos et outorgamos de dar et pagar anbos dous do mancumun ou cada vn de nos por lo todo, como dito he deste dia de San Martiño do mes de novenbro primeiro que ven deste dito ano ata dous anos conpridos primeiros segintes, por nos et por todos nosos bẽes movles et rayses os que oje este dia avemos et ouvermos de aqui endeante nos et cada vn de nos que vos a elo obligamos et so pena do doblo da dita contia que outorgamos de vos pagar de pena se o asi etc... Et ante nos obligamos de vos dar et pagar a pena se en ela cayermos que o principal e despois paga o principal et pena todo enteramente et a pena etc... todavia etc... Et eu o dito Juan Peres, que soo presente asi o resçebo. Ts.: Juan Rodrigues murçiano et Pero Pedreiro et Juan de Castro, mareantes et outros.

Iten se outra obligaçon paresçer porque deva ao dito Juan Peres, que non valla, salvo esta. Ts.: ut supra.