GMH/ÍNDICE A-Z

1173
1466, xullo, 9. Lugo

Carta de poder outorgada polo Cabido de Lugo a favor de Gómez García de Goyoso, arcediago de Dozón. (Incluída en 1479-IX-1 Lugo, CD nº 1307).

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 69 r. e v.


   

Sepan quantos esta carta de poder viren como nos as personas canonigos et benefiçiados da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabildo chamados por son de campaa tangida, segundo que avemos de uso et de custume, dentro en a dita iglesia açerca da porta por donde soben a os orgoos confiando de vos Gomes Garçia de Goyoso, archidiacono de Deçon en a dita iglesia, noso yrmao et companeyro, et amistrador da amistraçon do mes de junio que he en os Verosmos et couto de Amande por lo cabildo da dita iglesia, entendendo que faredes serviçio de Deus et proveyto da dita iglesia de Lugo et amistraçon, por la presente vos damos et outorgamos noso poder complido, segundo que nos tenemos et avemos, et segundo que melor et mays complidamente vos lo podemos dar et outorgar de dereyto para que por nos et en noso nome posades aforar et aforedes as nosas vinas et montes et terratorios et lugares et casares et casas, que son para vino ou para pan que vos poemos et nos perteesçen por la dita nosa amistraçon asi en a figresia de Santa Maria d’Amande como en outra qualquer parte que as nos tenamos et aiades et a nos perteescan por rason da dita amistraçon, et para que posades faser et fagades os foros das ditas vinas et montes et casas et casares et herdades a persona et personas et por lo preçio et preçios et persona et personas que a vos ben visto for et vos quiserdes et por ben teverdes, sobre lo qual encarregamos vosa conçiençia que fagades os ditos foros et qualquer delos senpre a voso todo entender en proveyto da dita iglesia de Lugo et amistraçon, et qualquer foro que asi por vos o dito Gomes de Goyoso, arçediano de Deçon et amistrador sobredito, for feyto que seia firmado de voso nome et seelado de voso selo pendente, et signado de notario publico, et os taes foros en esta guisa feytos et non en outra alguna nos los outorgamos et avemos et averemos por firmes, estabelles, gratos et valledeiros, segundo et en a maneyra que se en elles contene.

Et queremos et outorgamos que vallan ben asi et tan complidamente como se por nosoutros en noso cabildo fosen feytos por las personas et preçios que os feserdes. En testemoyo de lo qual vos outorgamos delo esta carta de poder delante ho notario et testigos de juso escritos.

Que foy feyta et outorgada dentro en o noso cabildo estando presentes por testigos: Afonso Martines de Galdo, chantre de Lugo; et Gonçalvo Rodrigues de Parga, thesoreyro; et Pedro Afonso, et Gomes Vasques, Juan Arias de Parga, canonigos.

Feyto, a nove dias do mes de jullio, ano do nasçimiento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçientos et sesenta et seys anos.
Outorgaron este dito poder os susoditos a o dito arçidiago que non faga foro que pase de quatro personas arriba en foro ninguno que faga.

Et eu Pedro Meendes de Foriis, canonigo da dita iglesia de Lugo notario publico por las abtoridades apostolica et ordenaria, a todo o susodito en un con os dito senores do dito cabildo presente foy et esta carta de poder aqui fige escripvir siendo ocupado et en ela puje meu nome et signo acustumado que tal he en testemoyo de verdade. Rogado et requerido.

Petrus Menendi, notarius.