GMH/ÍNDICE A-Z

162

1420, novembro, 18.
O Concello diante da situación na que se atopaba a cidade ordena que se tevese, comprise e agardase a dita Hermandade segundo e enna maneira que estava feita, designando como alcaldes da mesma a Gonzalo de Covas e Vasco Fernández Troco.
Carta do arcebispo ordenando se entregue a Juan Sánchez, xuíz da vila de Noia, os 30.000 maravedís que o Concello de Santiago debía polo servicio ó prelado.

Des e oyto dias do mes de novenbre. seendo o conçello alcallde, regidores e omes bõos da çidade de Santiago juntados por crida de anafil, segundo que han de uso e de custume enno sobrado da notaria de Ruy Martines notario publico jurado da dita çidade, presentes ende Vasco Peres Abril, alcalde e Fernan Gonçalves do Preguntoiro, Martin Serpe, Gomes Rodriges, Afonso Fernandes Abril, Martin Galos,Juan Ares da Cana, regidores jurados, homes bõos da dita çidade e en presença de min Fernan Yanes, notario publico de noso señor enna sua corte e en todos los seus regnos e escusador por lo dito Ruy Martines, notario publico da dita çidade e dos testemoyas infra scriptos, enton os ditos alcallde, regidores, jurados e omes bõos diseron que por quanto estava feita e ordenada a ermandade enna dita çidade por mandado de noso señor o arçobispo e algunas personas non temendo a Deus nen a a justiça de noso señor el rey e do dito señor arçobispo se atrevian de roubar e furtar e faser outros malefiçios, asi enna dita çidade como fora dela e se se en elo non posese outro remedio que se farian peores cousas e maleficios ao adeante por ende e porque entendian que era serviço de Deus e dos ditos señores rey e arçobispo e proveyto comuun e garda e defendemento da dita çidade e dos moradores en ela e enno arçobispado do dito señor arçobispo que mandavan e mandaron que se tevese, conprise e agardare a dita hermandade segundo e enna //
(Fol. 84)
maneira que estava feita e ordenada e que fosen alcalles da dita hermandade Gonçalvo de Covas e Vasco Fernandes Troquo doje este dia ata tres meses primeiros segintes e eso mẽesmo que mandavan e mandaron aos cadrilleros que estavan postos en cada colaçon que eso mesmo en apoblando a dita hermandade usasen de seus ofiçios segundo o poder que lles era dado enno ordenamento da dita hermandade so as pennas contiudas enno ordenamento da dita hermandade e mandavan e mandaron a Domingo Longo, servente e pregoeyro do conçello da dita çidade que os pregoase asy por las plaças da dita çidade. Testemoyas que a esto foron presentes, Martin das Figeiras, Pero Alonso, notario de Santiago, Juan Gonçalves da Cana, Juan Serpe, Vasco Gomes de Marçoa, Bernald Yanes do Camiño, Nuno Vinagre, procurador, Juan Gonçalves de Fajeiras, Fernan Juliate, Fernan de Pas, carpenteiro.
Conçejo e alcalles e jurados e omes buenos de la nuestra çibdad de Santiago. Nos el arçobispo de Santiago vos enviamos mucho saludar e vos rogamos e mandamos que si serviçio e plaser nos avedes de faser que los treynta mill maravedis de moeda vieja, blanca en tres dineros, con que nos oviestes e avedes de servir este anno de mill e quatroçientos e veynte annos para ayuda del  menester en que estamos por el gasto e costa que nos ha requeçido en la estada que agora oviemos estado en la corte de nuestro señor el rey segundo bien sabedes que los dedes e fagades luego dar e pagar a Juan Sanches, jues de la nuestra villa de Noya que los ha de aver e de recabdar por nos e dandogelos tomad su carta de pago e con ella e con esta nuestra carta mandamos que vos sean reçebidos en cuenta. Scripta veynte e çinquo dias del mes de março, anno del Nascemiento del Nuestro Señor Ihesu Christo de mill e quatroçientos e veynte annos. Lupus, archiepiscopus Compostellanus.
Conçertado por lo original scripto en papel e firmado do nome do dito señor arçobispo.