GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

552
1350, xaneiro, 15. Lugo
O Cabido de Lugo decide anular a orde que lles permitía aos administradores, por mor das perdas ocasionadas pola peste negra, entregar as súas administracións e establece agora unha redución proporcional nas rendas que cada un debe pagar.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 68r.

Era de mill et CCC LXXXª et oyto annos, esta feyra quinse dias de janeyro.

En presença de min Fernando Garçia, notario publico del rey en Lugo, et das testemoyas subscriptas estando don Diego Ferrnandes, dayam, et o cabidoo da iglesia de Lugo juntados en cabidoo por canpaya tanjuda, enno thesouro desa iglesia segundo he husso et custume de se juntar a cabidoo, et seendo y o moyto onrrado padre et sennor don frey Pedro Lopes por la graçia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, et o dayan et cabidoo diseron que por rason que o ganno aqueles que tinnan as amistraçoes desta iglesia se querelaran que avian en elas gran mascabo por rason da pestilençia da mortandade que acaesçeu, que elles feçeran entre sy pustura et avenençia que aqueles que as quiseren leyxar ata san Iohan Babtista primeyro que ven, que o podesen faser, et o cabidoo que as reçebia a aqueles que as quisessen leyxar. Et agora que achavan que esto era gran dampno desta iglesia et moscabarian por ende moyto das rendas das amiistraçoes, et por esta rason o dito dayam et cabidoo, con outorgamento et consintimento do dito sennor obispo, revogaron a dita ordinaçon que feçeran, et mandaron et outorgaron que cada huuns tenna as suas amiistraçoes, segundo que as ante tinna, et por rason da pistilençia et da perda quelles acaesçera por ela ennas amiistraçoes poseron por omes boos: don Garçia Diaz, arçidiago de Sarrea, don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Deçon, et Johan Diaz, coengo, et deronlles poder que eles vissen a perda que cada hun amiistrador fasia enna sua amiistraçon, por la rason sobredita, et que o tenperasen segundo Deus et suas consçiençias, tollendo a cada hun amiistrador de aquelo que avian a pagar de cada anno aquelo que entendesen que era con Deus et con rason, en guissa que os amiistradores non perdesen nas amiistraçoes tanto quanto perdian, fasendo esta relaxaçon a cada hun commo vissen que conpria, et ata aquel tempo que vissen que era guisado. Et prometeron todos en hun de estar a todas las cousas que os ditos omes boos sobre esto mandaren et tenperaren et relaxaren. Et se por la ventura alguuns de aqueles que non teen amiistraçoes non quiseren estar a o que mandaren et relaxaren os ditos omes boos, que do dia que o mando for dado a terçer dia possan consintir enno mando, ou tomar a amiistraçon con aquela relaxaçon que for feyta aquel que non quiser consintir, et que os posan costrenger o cabidoo por la sua raçon que a tome et de fiadores para ello.

Et foron presentes: o sobredito dayan; don Fernando de Deus, chantres; don Affonso Gomes, arçidiago de Deça; don Garçia Dias, arçidiago de Sarria; don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Deçon; don Pedro Aras, mestrescola; don Lopo Domingues, thesoreyro; Iohan Ferrnandes, Iohan Dias, Tomas Gomes, coengos; Gonçalvo Eanes, Iohan Afonso, Ruy Gomes, raçoeyros de Lugo, ts.

Et depoys desto era sobredita, lues XVIIIº dias do dito mes de janeyro, en presença de min Fernando Garçia, notario sobredito, seendo o sobredito dayan et cabidoo juntados por canpaya taniuda no dito thesouro et seendo y pressente o dito sennor obispo, os ditos arçidiago de Sarrea, et de Deçon, et Iohan Dias, coengo, por lo poder sobredito que lles era dado por lo dito cabidoo, feçeron esta remision et relaxaçon a estas amiistraçoes et amiistradores que se sigue: primeyramente quitaron a o dayam por la amiistraçon do mes de setembre que ten, por quatro annos XXVve moravedis cada mes, et assy ha de pagar por los terços cada mes seteenta et çinquo moravedis, item lle quitaron mays a o dayan a sobreposta destes dous annos primeyros. Item o mes de outobre esta por arrendar. Item quitaron a o thesoreyro por lo mes de novenbre, triinta et seys moravedis et çinquo soldos e medeo cada mes, et fica de pagar XXXª moravedis cada mes , et esta remison lle feçeron por çinquo annos, item lle quitaron mays por estos dous primeyros que veen hun pan et hun medeo açunbre de vinno de cada dia por cada raçon et a sobreposta. Item o mes de deçembre tenno o arçidiago de Deçon et quitaronlle cada mes çinquaenta et quatro moravedis, et ha de pagar dusentos moravedis cada mes, et esta remison lle feseron por quatro annos. Item o mes de fevreyro ten o juys et quitaronlle XVIIIº moravedis et dous coroados cada mes, et ha de pagar XLª moravedis cada mes, et esta remision lle feseron por quatro annos, item lle quitaron por estes primeyros dous annos que veen medeo açunbre de vinno cada dia de cada raçon, et este anno primeyro XI moravedis de cada raçon de pan, et o outro anno seguente hun pan cada raçon, item lle quitaron mays la sobreposta en estos dous annos sobreditos. Item o mes de abril tenno o chantres, et quitaronlle a sobreposta por quatro annos. Item o mes de mayo tenno o thesoreyro et quitaronlle os terços por VI annos, item quitaronlle por estos primeyros quatro annos que veen a meatade da raçon do pan et hun medeo açunbre de vinno de cada raçon. Item o mes de juyo tenno o arçidiago de Deça et quitaronlle cada mes çinquaenta et seys moravedis et Vº soldos et medeo, et ha de pagar dusentos et sesenta moravedis cada mes, et esta remision lle feçeron por quatro annos. Item o mes de julio tenno o juys por este anno, et quitaronlle por estes VIIIº meses quareenta et seys moravedis cada mes, et ha de pagar XLV moravedis cada mes. Et cumplidos estes tempos sobreditos desta relaxaçoes que fasen, segundo se \suso/ conten, que cada hun dos amiistradores pague des y endeante aquellas contias por que teen arrendadas as amiistraçoes, asy commo pagavan ata aqui en pan et en vinno et en dineyros.

A qual remision et relaxaçon feyta todos consintiron en ela enna maneyra que era feyta et demays outorgaron et mandaron que d’aqui adeante a nehun amiistrador por casso nehun que d’aqui adeante acaesca, nen por pestilençia, nen por grando, nen por geada, nen por outra coussa nehuna, non façan mays relaxaçon nen quitamento en estas amiistraçoes en que se agora esta relaxaçon fas, nen possan leyxar as amiistraçoes, nen o cabidoo non lle las reçeba.

Et foron presentes a esto: o dito sennor obispo, dayan et cabidoo, et os arçidiagos de Deça et de Neyra et de Sarrea et de Deçon, o mestrescola, o juys, o thesoreyro; Iohan Ferrnandes, Iohan Dias, Alvar Gomes, Rodrigo Affonso, coengos; Diego Gomes, Gonçalvo Yanes, Ruy Gomes, Iohan Affonso, raçoeyros de Lugo, ts.

Eu Fernando Garçia, notario sobredito, fuy presente et fis scripvir et puge y meu signal.