GMH/ÍNDICE A-Z

375
1339, maio, 7. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo outórganlle a Diego Fernández e á súa muller dúas terzas e media de pan anuais polos casais de Vilarello, en San Tomé de Lebruxo, como contrapartida das propiedades por eles cedidas no couto de San Salvador de Neira.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 20v.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos Fernan Aras, dayam, et o cabidoo da iglesia de Lugo, seendo juntados en cabidoo commo avemos de uso et de custume enna casa do thesouro desa iglesia, damos et outorgamos a vos, Diego Fernandes de Neyra et a vosa muler Tereyia Fernandes, por en toda vosa vida d’anbos et dous, duas terças et mea de pan cada anno que as aiades por los nosos casares de Vilarello, que son sub signo de San Tome de Labruge; o qual pan vos damos por raçon do escanbeo que connosco feçestes da herdade que aviades, vos et a dita vosa muller, en todo o couto de Picato et en Sobrado et en Reçesende, por lo dereyto et padroadigo et herdade que nos aviamos enna iglesia et couto de don Salvador de Neyra, et mandamos a Pedro Nunes, que ora ten os ditos casares de nos, ou a aquel que os tever d’aqui adeante, que vos de et pague cada anno as ditas duas terças et mea de pan por los ditos casares de Vilarelo como acustuma de pagar o pan dos ditos casares a o dito dayam et a o amiistrador que ten o couto de Picato.

Et nos, o dito cabidoo, obligamos todos los outros dereytos que avemos enno couto de Picato para fos façer pagar cada anno as ditas duas terças et mea de pan por los ditos casares. Et porque esto seia çerto nos, o sobredito cabidoo, seellamos esta carta de noso seello pendente de çera. Et por mayor firmidue rogamos a Roy Fernandes, notario publico de Lugo, que feçese esta carta et posese en ella seu signal.

Que foy feyta en Lugo sete dias de mayo, era de mill et treçentos et seteenta et sete annos.

Testemoyas que foron presentes: don Fernan Aras, dayam; Alvar Diaz, archidiago de Sarrea; don Pedro Iacome, iuyz; don Aras Pellaes, thesoreyro; Johan Fernandes, Fernan Affonso, Vaasco Rodrigues, coengos; Affonso Eanes, Johan Gutierres, Johan Ferrnandes, raçoeyros de Lugo; Lopo Aras de Foriis, Johan Affonso de Burgo Novo, Diego Aras de Betote, Jacome Eanes, despenseiro do cabidoo da iglesia de Lugo ts., et outros.

Et eu Ruy Fernandes, notario publico de Lugo sobredito dado per auctoriade do bispo desse miismo lugar, a esto commo dito he presente foy et a rogo dos sobreditos dayam et cabidoo esta carta en mina presença fiz escrivir et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade.