GMH/ÍNDICE A-Z

1192
1469, xullo, 24. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles ó racioneiro Xoán Ares e a dúas voces unhas casas na freguesía de Santiago de Lugo, por renda anual de catorce marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 55 r.

Sabean quantos esta carta de foro viren como nos as personas canonigos et benefiçiados da iglesia de Lugo sendo juntos en noso cabilldo dentro en a Capela de San Vertolameu da dita iglesia chamados per son de canpaa, segundo que avemos de uso et de custume, veendo et entendendo que esto he noso proveyto et de nosos suçessores, damos aforo et avervo a vos Juan Ares mançebo, raçoeyro da dita iglesia, et a outras duas personas depus vos, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a o tempo de voso finamento et non seendo nomeada que seia quen herdar vosos bees ou a mayor parte deles de dereyto, et a outra persona que seia nomeada por la que vos nomeardes, ou herdeyro de seus bees como dito he, as quaes personas an de seer eclesiasticas et non leygos. Conben a saber que vos aforamos, como dito he, as nosas casas en que ora vos morades et en que morou Juan Ares da Tulla, canonigo, con suas ortas et saydos et poços et entradas et saydas et jures et pertenenças, segundo que as vos ora tenedes et usades, et son sitas en esta çiudade, su o signo de Santiago, en fronte das casas de Pedro Mendes, canonigo, et fica fora a casa de Fernando de Pallares et a cortyna de Gonçalvo Peres de Luases que son apartadas das ditas vosas casas, et as teen en foro de nos os susoditos, a tal pleyto et condiçon que vos prestamente aderençedes et corregades o penal das ditas casas que esta para caer contra as casas do dito Pedro Mendes, canonigo, et mantenades as ditas casas cubertas, levantadas, dereytas et ben reparadas como se non pergan con mingoa de reparo; et que diades de foro a nos et a nosos suçessores et a o moordomo dos aniversarios da dita iglesia quatorse maravedis de moeda vella de longos, cada ano por San Martino de nobenbro, en a moeda que se pagaren as outras rendas da dita iglesia; et que cada persona que depoys de vos suçeder en o dito foro seia tiuda do dia que en el suçeder fasta trinta dias de se venir mostrar et notificar a o dito cabildo como he persona do dito foro, su pena de o perder se o asy non feser, et a fin da postrimeyra persona que as ditas casas fiquen libres, quitas et desenbargadas, dereytas et ben reparadas a a dita iglesia et con todos los boos paramentos que en elas foren feytos.

Et eu, o dito Juan Ares, que presente estou asy resçebo de vos, os ditos senores do cabilldo, o dito foro por lo modo et maneyra et condiçoes susoditas, et obligo a min et meus bees eclesiasticos et seglares et das ditas minas personas de o teremos et compreremos et gardaremos et atenderemos todo asy.

Et nos, o dito cabildo, asy vos lo outorgamos et obligamos os bees do dito cabilldo a vos lo faser saao et de pas a dereyto a todo tempo de quenquer que vos lo contrariar, et rogamos et mandamos a o notario juso escripto que faga delo duas cartas en hun tenor, huna para vos seelada con noso seelo pendente et outra para o dito cabilldo, signadas de seu signo.

Que foy feyto et outorgado en o dito lugar, a viinte et quatro dias do mes de julio, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et sesenta et nove anos.

Testigos que foron presentes et outorgantes: Juan Afonso Picado, chantre; Alvaro Rodrigues de Goyoso, arçediano de Neyra; Roy Lopes de Lugo, liçençiado, juys et provisor do senor don Garçia de Vaamonde, Obispo de Lugo; Gonçalvo Rodrigues de Parga, tesoreyro; Rodrigo Afonso da Rigueyra; o dito Juan Ares da Tulla; Diego Ferrnandes, Diego Vasques, Rodrigo Afonso das Camoyras, Simon Alvares, Diego Gonçalves de Fonteyta, canonigos prebendados, et outros.

Et eu Pedro Mendes de Foriis, canonigo de Lugo, notario publico por las autoridades apostolica et ordenaria, a todo o que susodito he en hun con os ditos testigos presente foy et esta carta de foro, segun que por min pasou, a outro fielmente fise scripvir, et en ela puje meu signo et nome acostumado que tal he en testemoyo de verdade.