GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Colección diplomática medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo

190

1467, xaneiro, 10. Vilamaior-Mondoñedo.
Escritura de foro outorgada polos administradores de Vilamaior e Baroncelle a favor do racioneiro García Rodríguez de Estoa da horta sita no Pumar, próxima a outra da capela de Santo Andrés.
A, perg., con signo notarial, de 180 x 310 mm. Letra cortesá.

Enno nomme de Deus. Amen Sepan quantos esta carta de aforamento viren commo nos Johan Ferrnandes d-Anca canonigo et Roy Vasques raçioneyro et amistradores perpetuos da amistraçon / de Vilamayor et Baroncelle por lo dean et cabildo et iglesia de Mondonnedo de consentimento dos sennores dean et cabildo da dita iglesia nos veendo que fazemoos nosa prol et boon paramento / da dita amistraçon et de nosoutros et dos outros nosos suçesores que vieren despoys de nos aforamos et damos a foro por jur de herdade para senpre jamays a vos Garçia Rodrigues d-Stoa / raçioneyro da dita iglesia et a toda vosa vos que despoys de vos vyer a nosa orta que jas ao Pumar commo se departe de hun cabo da herdade de Johan d-Escourido et da herdade da capela / de santo Andre et de çima de herdade da sancristanya et da outra parte de herdade que vos o dito Garçia Rodrigues labrades que soya labrar Garçia Daorta et da outra parte de herdade de Gonçaluo de Çayon et avedes de dar vos o dito Garçia Rodrigues et quen vyer despoys de vos en vosa voz en cada hun anno por foro da dita orta quatro mor. vellos ou tres blancas vellas et hun / dineyro por mor. ou moeda que tanto valla que corra de mercador a mercador et querendo vos o dito Garçia Rodrigues ou quen vyer en vosa voz vender ou supinorar este dito foro que a dita iglesia / et cabildo seja primeyramente con ela frontado et se a queseren por o justo preçio que outro por ela der et non lo querendo a dita iglesia et benefiçiados dela que vos que a vendades / a tal persona que non seja iglesia nin moesteyro nin donna nin escudeyro nin caballeyro mays que seja omme synple semytal de vos que tenna et cunpla o dito foro segundo que vos sodes / theudos de pagar et conplir. O qual dito foro avedes de dar et pagar en cada hun anno por dia de sant Martyno de novenbro et non pagando vos o dito Garçia Rodrigues et vosa vos o dito foro en quatro annos aos ditos amistradores que ora somos et aos que despoys de nos vyeren que o dito cabildo ou amistradores que posan resçebir o dito foro et todo / o boon paramento que y esteber feyto. Et eu o dito Garçia Rodrigues asy reçebo o dito foro por min et por as ditas minnas voses por la maneira et condiçoes sobreditas et obligo / a min et a todos meus bees mobles et rayses avydos et por aver de teer et conplir eu et as ditas minnas voses et nos os sobreditos amistradores de con/senso dos sennores canonigos et raçioneyros que presentes estan asy vos lo outorgamos. Et por que esto seja çerto et non vena en dulta mandamos delo faser / duas cartas de foro anbas en hun thenor hua para vos o dito Garçia Rodrigues et outra que fique ao dito cabildo as mays çertas que poderen seer feytas por lo notario et testigos / adiante escriptos ou mays se conpliren. Que foy feyto enno coro da iglesia de Vilamayor dia sabado des dias do mes de janeyro anno do nasçimento de noso sennor Jesucristo / de mill et quatroçentos et sesenta et sete annos. Testigos que foron presentes Rodrigo Afonso da Figueira et Juan Yanes capelan et Afonso Rodrigues raçioneyro et Garçia Dias / et Ferrnand Rodrigues clerigos de coro et outros. Non enpesca ho raydo entre renglones onde dis os et onde dis teer que asy ha de diser.
Et eu Pedro Ares de / Vaamonde canonigo et notario publico jurado dado do sennor obispo de Mondonnedo enna sua çibdade de Vylamayor et en todas las outras vylas et lugares / de todo seu obispado a todo esto que sobredito he con os ditos testigos presente foy et esta carta de foro escripui et a pedimento do dito Garçia Rodrigues et mandado / dos sennores dean et cabildo et do dito Johan Fernandes d-Anca et Roy Vasques amistradores aqui este meu nomme et signo fys que tal he en testimoyo de verdade / rogado et requerido. Johannes Fernandi canonicus adque administrator (Rúbrica). Rodericus Velasci porcionarius adque ministrator (Rúbrica). Petrus Arie canonicus (Rúbrica) (Signo).

(Reverso):
M. viii. n. 13. Fuero dela viña de Oliberas y otros bienes de la capilla de santo Andres y sacristia y administración de Baroncelle.