GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro de Notas de Álvaro Afonso

174

abril, 3

Diego Romeu solicítalle a Gonzalo de Pousada, morador en Ribela, o albará xustificativo do pagamento da alcabala de cinco moios de viño que leva para vender. (fol. 56)

Diego Romeu.

A III dias do mes de abril en Ourense, Diego Romeu requerío a Gonçalvo de Pousada, morador enna freigesía de San Gillaao de Ribella, que lle mostrase alvala de çinqo moyos de viño que levava a vender oje este día a outras partes e sacava da dita alcavala, senon que protestava de lle demandar a dita alcavala segundo que el rey manda et que lle fose tiundo a ela, et logo o dito Gonçalvo de Pousada diso que el que levava a vender o dito a outras partes oje este día e como o vendese que pagaria que trageria e mostraria alvala onde pagara alcavala e se non no mostrase tanto que o vendese que lle pagaria alcavala, et logo o dito Diego Romeu diso que el que non ya con o dito viño nen via a quen requerise senon a el et por ende que pois que con el non ya que era en caberca e que lle requería segundo de suso, senon que protestava ut supra, et o dito Gonçalvo diso que non era en caberca e que o enviava a venda a outras partes por que non podia yr e o dito Diego diso que era fallata e por ende que protestava segundo de suso. Tests. Alvaro Afonso rejedor e Gomes Ares e Gonçalvo de Gordon. ( fol. 56)