GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Fragmentos de notarios

E1-29c
1436, agosto, 26
Presentadas as ditas cartas por Abrahán Pérez, o Concello dálles entrada e apréstase para ordenar o cobro das alcabalas. (fol. 24-24v)
As quaes ditas cartas do dito señor rey das ditas alcavalas et o dito recudimento do dito don Salamon Baquix asy presentadas et liudas, o dito Abraan Peres diso que en nomme do dito seu padre e porlo poder que del tina, que pedía e requería aos ditos juises et rejedores e procurador et omes boons do dito conçello que lle mandasen recudyr ao dito seu padre con todos los mrs. das ditas alcavalas da dita çibdade e coutos et obispado segundo e enna maneira e por la vía et forma que o dito señor rey manda por seu caderno (senon)* et fasendo asy que farian ben e dereito (senon)* e conpririan mandado et serviço do dito señor rey, senon que protestava de aver e cobrar dos ditos juises et rejedores e procurador e omes boons do dito conçello ata en contía de quinentas mill mrs. a que diso que estimava as ditas alcavalas et de os dar en desconto o dito seu padre ao dito señor rey et de se querelar delles ao dito señor rey et a quen devese de dereito, et que o pedia asy signado. Et logo os ditos juises et rejedores et procurador et omes boons do dito conçello diseron que obedesçian as ditas cartas do dito señor rey con reberençia devian como cartas e mandado de seu rey e señor natural, et que /lle\ mandavan recudyr con os mrs. das ditas alcavalas segundo et enna maneira e por la vya e forma que o dito señor rey porlas ditas suas cartas mandava et enna dita carta de recudimento do dito don Salamon (fol. 24)
Baquix se (cotin)* contiña e su as pennas en ela contiundas, et que eso lle davan por resposta, negandolle todas suas estimaçoens et protestaçoens. Tests. que foron presentes Nuno Gonçalves da Praça notario, et Rodrigo Lopes do Rigueiro, Rodrigo Fernandes, Ares Fernandes et Diego Lopes fillo de Yuda Peres, vesiños da dita çibdade.