GMH/ÍNDICE A-Z

55

1291, Sta. María de Advento. Vilamaior-Mondoñedo.
María González, viúva de Xoán Touro, outorgoulle ó chantre da catedral de Mondoñedo a posesión da metade do quiñón dunhas casas que tiña no Curral de Vilamaior-Mondoñedo.
A, perg. de 200 x 163 mm. Letra gótica cursiva.

Conuzuda cousa seia a quantos esta carta uiren como en presensa de / min Affonso Eanes publico notario iurado dado do bispo en Villamayor et / das testemoyas que en esta carta son escritas Maria Gonzales muler de Johan / Touro que fuy meteo en iur et em possisson das casas que ella a no cur/ral de Villamayor que foron de Pedro Oueques con seus saydos da una parte / et da outra et con seus blancos nas quaes casas deue a estar o dito chantres / ou quen el mandar atoes que lle a dita Maria Gonzales faça de pas un oytauo que / a o cabidoo enna vina de Caroçeyra que uendeo esta Maria Gonzalez ao dito / chantres et lla faça de pas de Martin Martines que lle fas y demanda por sua muler / Mayor Peres et lle alçe una aniuersaria por outro lugar que y a o cabidoo de / Mendonedo et de como o chantres entrou enna iur et na possisson destas / casas sobreditas pideme ende a min notario sobredito un protesto en testemoyo / de uerdade et dillo feyto por minna mao et con meu sinal. Testemoyas / presentes foron Martin Iohannis raçoeyro de Mendonedo Fernan Eanes Johan Lopes / clerigos de coro Pedro Martinez da Porta Fernan Papon Domingo Fernandez do Costal / Pedro Rodrigues dicto Roxo çidadaos de Villamayor et outros que uiron et oyron. / Feyta esta carta en Villamayor en dia de santa Maria d-Auento (18 de decembro?) Era mª cccª xxviiiiª ( Signo, no que se le: Affonsus Iohannis notarius).
Reverso):
M. m. nº 6. Carta do cabidoo das casas da praça et da vinna de Caroceira.