GMH/ÍNDICE A-Z

221

maio, 1

Álvaro de Sobrado recibe tres moios de viño de Afonso Vello, en pagamento dos 200 mrs. que debía o seu pai. (fol. 72)

Alvaro de Sobrado e Afonso Vello.

En este día Alvaro de Sobrado se outorgou por pago de Afonso Vello de dosentos mrs. vellos, os quaes del reçebeu en tres moyos de viño et foron contados ennos ditos CC .- e son para en pago dos mrs. que seu padre, Gonçalvo Vello, devía a Eynes Afonso por huna obrigaçon feita por min o dito notario e deuse por pago dos ditos CC .- para en pago da dita obrigaçon. Tests. Pero Fernandes de Seixalvo et Pero Fernandes de Carragoso vesiño d’Ourense.