GMH/ÍNDICE A-Z

53

xaneiro, 22

Gonzalo Anes traspasa a Xoán García a terceira parte da alcabala da carnicería e dos coiros e sebo, nas mesmas condicións con que el a tiña arrendada. (fol. 16v)

Feita e dada.Gonçalvo Yanes e Joan Garçia.

(Anno sobre dito, a viinte et dous dias do mes de janeiro en Ourense, Gonçalvo Yanes traspasou a terça parte da alcavala da carniçaria e de coiros et sevo da dita çidade deste dito anno, a qual terça parte das ditas rendas traspasou en el por lo preço e contía de mrs. que os que tiña e que o dito Joan Garçia que pagase a terça parte dos ditos mrs. a noso señor el rey e a seus recadadores aos praseos e terminos que el estava obrigado etç. et o dito Joan Garçia diso que asy reçebia en sy e obrigava sy todos seus beens de pagar a terça parte dos ditos mrs. aos praseos e terminos e con as condiçoos que el estava obrigado, para o qual obrigou sy e seus beens etç. outorgou obrigaçon forte e firme etç. Tests. Lopo de Deça e Afonso criado do dito Gonçalvo Yanes e Afonso de Çeenlle)*.