GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

406
1379, febreiro, 8
testamento

Testamento do cóengo Xoán Martínez, físico.

ACOu, Escrituras I, 30

Enno nome de deus padre e fillo e espirito santo que son tres pesoas e huun deus verdadeiro et da sua madre Santa Maria amen. Eu Johan Martines fisico, coengo na igleia d’Ourense, morador en Çima de Villa, jasendo doente de infirmidade pero con todo meu siso e entendemento conprido qual deus tevo por ben de me dar et temendo deus e aa morte que he cousa natural, por que depoys de miña morte non veña contenda ontre alguuns sobre meus beens, por ende ordeno meu testamento et miña pustremeira voontade valedeiro para senpre en esta maneira: Primeiramente dou a miña alma a deus e a Santa Maria sua madre et peçolles moyto omildosamente que me queiran reçeber enno seu reyno et me perdoen os pecados que ey feitos ata aqui et de aqui en deante me goarde de caer en outros. Iten mando enterrar meu corpo dentro enna dita igleia cathedral de señor San Martiño ante o altar dos senores Santo Anton e San Brays, et peço por merçee aos omes boons do cabidoo da dita igleia que lles veña enmente serviço alguun que lles fige e criança que me feseron et que me den hy sepultura, et outrosi peço e rogo a Martin Gonçalves notario meu amigo que ma outorgue et que me queira consentyr enterrar a par de si. Iten mando aos omes boons, pesoas e coengos da dita igleia que foren pressentes en miña sepultura çinqoenta mrs. et eles que me façan onra et me ajuden a sacar da pousada sigundo me deven sacar. Iten mando ao dito cabidoo outros çen mrs. por cama, por quanto teno a cama ligeira. Iten mando todo quanto ey asi beens mobles commo rayses a Tereija Anes miña criada moller de Johan Branco criado de Johan Peres de Novoa et a seus fillos e fillas que a do dito Johan Branco por maneira de manda e legato, que o ajan para por senpre en jur de herdade. Pero que mando que se a dita Tereija Anes e os ditos seus fillos morreren sen seme que estas miñas casas en que jasco fiquen ao dito cabidoo para senpre per tal condiçon que me façan por elas cada anno para senpre en tal dia commo eu fignar huun universario con todas oras sigundo se deve faser. Et se alguna doaçon ou manda ante desto ey feita das ditas casas, removoa e doua por ninhuna et mando que a dita Tereija Anes e seus fillos façan ben por la miña alma sigundo que a dita Tereija Anes vir que ben seja. Et que a dita Tereija Anes cunpra esto que eu mando por lo meu e seu seu dapno. Et faço meu heree ao dito Johan Branco en çen mrs. dan solamente e mais non. Et esto dou e outorgo por meu testamento e por miña pustremeira voontade valedeiro para senpre, et se non valuer commo testamento mando que valla commo codeçilo ou commo outra escriptura publica qual quer feita por notario publico, et removo todos los outros testamentos e codeçilos e mandas e doaçoes que ante desta ey feitos e outorgados et mando que non vallan nin ajan firmedue, salvo esta manda e testamento que agora faço e outorgo por Martin Peres notario d’Ourense, que dou e outorgo por meu testamento e por miña pustremeira voontade. Et quen quer asi da miña parte commo da estranya que contra este meu testamento pasar en parte ou en todo aja a yra de deus conpridamente e a miña maldiçoon et demais peyte a meu heree por nome de penna çen mrs. da boa moeda et a dita penna pagada ou non este testamento fique firme e valedeiro para senpre. Feito o testamento en Ourense, oyto dias de fevereiro, era de mill e quatroçentos e des e sete annos. Testimoyas Vasco Peres Marino coengo d’Ourense e Gil Martines abrocador e Johan Restra e Johan Anes çapateiro e Gonçalvo Laso e Gonçalvo Peres escripvan moradores en Ourense e Fernan Martines morador en Santiago. Et eu Martin Gonçalvez publico notario d’Ourense por la igleia desse lugar que a esto presente foy et esta carta de testamento en miña presença o fiz escripvyr et por mandado e outoridade de Garçia Diaz coengo na igleia d’Ourense e chançeller dessa çibdade meu nomme et meu signal aqui fiz en testimoyo de verdade que he tal.

(sinal)

[reverso] Carta da meatade das casas de Çima de Vila que estan junto con as portas da dita vila, que foron de Gonçalvo Branco, as quaes casas deu don Martin Sanches abade da Triindade ao cabidoo da igleia d’Ourense para seu aniversario.