GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

499
1398, xaneiro, 29 (Traslado feito o 4 de marzo)
testamento

Cláusula do testamento de Tareixa Martínez.

ACOu, Escrituras XVII, 41

Enno nomme de deus amen. Este he o traslado de huna clausula de huun testamento feito e outorgado per min Nuno Gonçalves notario publico d’Ourense, o qual testamento enno primeiro reglon começava asy: Enno nomme de deus amen. Sabean quantos esta carta de testamento viren que eu Tereija Martines moradeira em Ourense enna rua dos Arçidiagos, jasendo doente de doença natural qual deus tevo por ben de me dar pero con todo meu siso e entendemento conprido, et por tal que depois de miña morte non aia contenda ontre alguuns sobre meus beens, por ende faço, ordeno, estabelesco e outorgo meu testamento et miña pustrimeira voontade valedeiro para senpre en esta maneira: Primeiramente mando a miña alma ao meu señor Ihesu Cristo que a conprou porlo seu sangre preçioso, et peçolle por merçee que me queira perdoar os meus pecados que ey feitos contra a sua voontade, et rogo a todos los santos e santas da gloria do parayso que lle queiran rogar por min que me queira perdoar, et mando enterrar meu corpo enna caustra de Santa Maria a Madre etç. Et fiinçiase assy: Feito e outorgado foy este testamento en Ourense, viinte e nove dias do mes de janeiro, anno do nasçemento de noso señor Ihesu Cristo de mill e tresentos e noveenta e oyto annos. Testimunyas que foron presentes Fernan Gonçalves e Pero Laso escripvaens, Fernan çapateiro et Fernan de Fontes e Domingo Anes do Canpo e Iohan Gonçalves de Sobrado carniçeiro e Domingo Fernandes e Garçia Fernandes alfayates moradores en Ourense e outros etç. A qual clausula do dito testamento he esta que se sigue: Iten mando ao cabidoo da igleia d’Ourense dose libras que me ha a dar cada anno Gonçalvo Anes oulivez porlas casas et adega da rua dos Arçidiagos que eu teño aforadas do dito cabidoo, et eles que me façan tanger duas veses os sinos et me digan huna minsa cantada porla miña alma enno dia que me enterraren, et me digan huun aniversario cada anno por dia de Çiinsa por miña alma e de Iohan Fernandes e de aqueles a que eu soon tiuda de rogar a deus. Et outrosy que me façan onrra en miña sepultura e çetera. O qual dicto testamento non era viçiado nen rasso nen en alguna parte suspeito, o qual eu o dito Nuno Gonçalves notario publico d’Ourense por la igleia dese lugar vi et lii et saqey del ben et lealmente a dita clausula a petiçon de Iohan da Agoada raçoeiro enna dita igleia d’Ourense procurador do dito cabidoo, et por mandado et autoridade de Iohan Afonso de Castro arçediago de Caldelas enna dita igleia d’Ourense, vigario jeeral da dita igleia et obispado, a dita clausula aqui en miña presença fis escripvyr non tollendo nen eadendo alguna cousa. Et a dita clausula aqui sacada conçerteyna con o dito original por ante o dito vigario et testemunyas adeante escriptas. Ao qual traslado o dito vigario entreposo seu decreto ad perpetuan rey memorian que valese et fesese fe en todos lugares hu pareçese asi commo original meesmo do dito testamento. Feito este traslado em Ourense, quatro dias do mes de março, anno do naçemento de noso señor Ihesu Cristo de mill et tresentos e noveenta e oyto annos. Testemunyas que foron presentes don Vasco Perez Corvacho arçediago de Castela et Martin Jestosa et Martin de Montes coengos enna dita igleia d’Ourense e outros, et aqui meu signal fiz em testemonyo de verdade que tal he.

(sinal)

[reverso] Clausula do testamento de Tereija Martines.